Lugares: NORMAL Campus de Riazor
-

Danza contemporánea: o discurso corporal
✴︎
Esta formación baséase na organicidade do corpo, partindo da relaxación e a mobilidade, desenvolvendo pautas de movemento para desbloquear distintas calidades corporais.
-

Aula de Teatro
✴︎
Nesta Aula de Teatro da UDC proponse formar ás alumnas en técnicas de interpretación e entrenamento actoral para a posterior montaxe dunha peza escénica baseada no conflito das Encrobas e as minas de lignito do ano 1977.
-

Aula de Danza
✴︎
A viaxe Creación colectiva dunha peza de danza contemporánea de arredor de 15min. Na procura dunha dirección concreta, na procura da identidade, na procura do mar. Xogaremos coa idea dunha viaxe que nos dirixe, da dirección, da brúxula, do faro que nos anuncia a costa, indagando na identidade galega, pescadora, costeira e emigrante. Persoaxes á…
-

Aula de Música
✴︎
Aula de Música. Proxecto Coral Universitario. Proxecto coral aberto a toda a comunidade universitaria e ao público xeral, cuxo obxectivo é crear un espazo formativo e comunitario para o perfeccionamento vocal colectivo. A través dun repertorio variado e ensaios semanais, fomentarase a técnica vocal, a expresión artística e a participación na vida cultural da Universidade…
-

A Coruña, porto negreiro
✴︎
Este percorrido pola memoria colonial coruñesa, dirixido por Zinthia Álvarez Palomino e Cristina Botana Iglesias convida a recoñecer as pegadas que o tráfico transatlántico de persoas escravizadas deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente..
-

Obradoiro de canto e perfeccionamiento vocal
✴︎
Obradoiro de continuidade centrado no desenvolvemento técnico e expresivo da voz, dirixido a participantes de todos os niveis.
