Lugares: NORMAL Campus de Riazor
-

A Coruña, porto negreiro
✴︎
Este percorrido pola memoria colonial coruñesa, dirixido por Zinthia Álvarez Palomino e Cristina Botana Iglesias convida a recoñecer as pegadas que o tráfico transatlántico de persoas escravizadas deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente..
-

Obradoiro de canto e perfeccionamiento vocal
✴︎
Obradoiro de continuidade centrado no desenvolvemento técnico e expresivo da voz, dirixido a participantes de todos os niveis.
-

Iniciación ao guión — Escribir dende dentro
✴︎
O guión é a base sobre a que se cimenta unha obra audiovisual. Se durante o exercicio de escribir, procuramos poñernos persoais, o resultado non só será máis singular, senón tamén catártico.
-

Escrita creativa
✴︎
Pódese aprender a escribir? Ou o talento literario é unha calidade innata sobre a que o traballo e o estudo ten unha influencia menor? Esa disxuntiva marcou as diferentes aproximacións á escritura creativa desde que alguén se expuxo por primeira vez ensinar a outros a escribir.
-

Laboratorio de performance e xénero
✴︎
Laboratorio de prácticas performativas e investigación teórica que entrelaza os estudos de perfomance coa lingüística e os estudos de xénero.
-

Danza contemporánea, iniciación. O discurso corporal.
✴︎
Esta formación baséase na organicidade do corpo, partindo da relaxación e a mobilidade, desenvolvendo pautas de movemento para desbloquear distintas calidades corporais.
