«ONDE HABITAN AS MOURAS. CARTOGRAFÍAS DE NÓS», DE VIKI RIVADULLA

✴︎

30/10/2026

—

07/01/2027

✴︎

NORMAL Campus de Riazor


Onde habitan as mouras? Nas fragas, nas augas limpas, nas lendas e na memoria colectiva dos pobos. Pero tamén nos saberes que atravesan xeracións, nas mulleres que coidan a terra e no patrimonio cultural que dá forma á nosa identidade. 

NORMAL – Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña acolle «Onde habitan as mouras. Cartografías de nós», un proxecto expositivo da artista Viki Rivadulla que propón unha reflexión crítica sobre a relación entre o ser humano e a natureza, a defensa dos territorios e a preservación dos saberes e das identidades culturais. 

A través de 30 pinturas acrílicas sobre lenzo, acompañadas de textos da propia artista e de poemas de diversas escritoras galegas e da activista mapuche Diva Millapan, a exposición constrúe un relato colectivo en que a creación artística se converte nunha ferramenta de conciencia, resistencia e transformación. 

O proxecto parte dunha preocupación central: a degradación ambiental e a explotación dos territorios non implican unicamente a perda de biodiversidade, senón tamén a desaparición de formas de vida, oficios tradicionais, linguas e manifestacións do patrimonio inmaterial. A destrución do medio leva consigo a perda dunha parte da memoria colectiva e dos vínculos que as comunidades establecen coa súa contorna. 

Neste contexto, as mouras da tradición lendaria galega adquiren un significado simbólico. Esas figuras femininas que habitan lugares naturais e custodian tesouros representan tamén as gardiás dun legado que cómpre preservarmos: a natureza, a memoria, os saberes ancestrais e as formas de comprender o mundo que nos transmitiron as xeracións anteriores. 

O papel das mulleres ocupa un lugar fundamental no percorrido. Desde as comunidades indíxenas ata as mulleres das Encrobas ou as mariscadoras galegas, a exposición rende homenaxe a quen defende os territorios e mantén vivos os coñecementos vinculados á terra e ao mar. A súa presenza articúlase desde unha perspectiva ecofeminista, que permite abordar as conexións entre a explotación da natureza, as desigualdades sociais e as violencias exercidas sobre os corpos e os territorios. 

A memoria da catástrofe do Prestige, a desaparición de linguas minorizadas e a transformación das paisaxes tradicionais forman parte deste relato, que combina a denuncia coa reivindicación da creatividade, a solidariedade e a mobilización colectiva como vías para imaxinar alternativas. 

Fronte á perda, a exposición propón unha chamada á esperanza e á responsabilidade compartida. A través da arte, Viki Rivadulla convida a cuestionar o modelo de relación co medio e a pensar que legado queremos deixar ás xeracións futuras. 

Nacida na Coruña en 1964 e vinculada vital e artisticamente a Muxía e á Costa da Morte, Viki Rivadulla desenvolve unha obra marcada polo compromiso social, o feminismo e a defensa da cultura e do territorio. A súa práctica artística abrangue a pintura, a escultura e a ilustración, e entronca co artivismo, no que a creación se converte nunha forma de intervención e transformación social. En 2022 recibiu o Premio Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal e, en 2024, gañou a Bienal de Pintura Balconadas de Betanzos. 

Con esta proposta, NORMAL convértese nun espazo para a contemplación, o pensamento crítico e o diálogo arredor da sustentabilidade, a memoria e os coidados. 

Onde habitarán as mouras se desaparece o territorio que as sostén? A pregunta atravesa a exposición e apela directamente a quen a visita: coidar a natureza é tamén protexer a cultura, a identidade e a vida. 

  • Exposición: Onde habitan as mouras. Cartografías de nós. 
  • Artista: Viki Rivadulla. 
  • Lugar: NORMAL – Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña. 
  • Datas: do 30 de outubro de 2026 ao 7 de xaneiro de 2027.  
  • Inauguración: 30 de outubro, ás 19:30 h 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings