Obradoiro de 30 horas
Martes de 16:00 a 18:30 h
Obradoiro enfocado á formación actoral e á introdución á formación escénica das participantes (con ou sen experiencia previa), facendo un repaso por diferentes tradicións escénicas.
Introdución ás participantes dos fundamentos da actividade teatral, dende a súa historia a como se vive por dentro (as partes do teatro, a escenografía, a dramaturxia, a iluminación…).
Preparación das participantes do corpo e a voz como instrumento actoral. Iniciación a técnicas de interpretación e realización de dinámicas individuais e grupais.
Podes atopar máis información na páxina de
fotografía: @byn_imagen_corporativa
✴︎ Docente

Helena Salgueiro
Helena Salgueiro é directora escénica, poeta e performer. Formada en estadías co Instituto Grotowksi, co Odin Teatret, o Traverse Theatre, a Universidade de Edimburgo e a Universidade de Santiago de Compostela. Os seus traballos escénicos amosáronse internacionalmente en festivais e espazos como o Centro Nacional de Danza Dance Base de Escocia (“Nortear”), o Festival Contradança de Portugal (“Ferro, Federici”) e coproducidos polo Centro Dramático Galego (“Come and Go”). Autora dos poemarios Intermitencia da cidade (2013), As Flores (2016), SORA (2025), Amor Palimpsesta (2026) e da obra de teatro Todas as Illas son unha illa (2021). Dirixe a compañía Columna Balteira.
