Obradoiro de 30 horas
Obradoiro de continuidade centrado no desenvolvemento técnico e expresivo da voz, dirixido a participantes de todos os niveis.
Combina traballo individual e grupal, abordando técnica, respiración, interpretación e proxección escénica, con resultados presentados en gravacións e posibles mostras públicas.
✴︎ Docente

Daniel García Artés
Director musical de diversos coros na cidade e arredores. É director do Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia onde dirixiu numerosos e multitudinarios concertos. Ademais é director e fundador do Acorde Secreto, grupo vocal alternativo caracterizado polo seu repertorio rompedor e diferente. Profesor de piano moderno, técnica vocal, Solfexo e Coro Góspel en Rock School Coruña.
Arreglista experimentado en calquera estilo, foi responsable de arranxar famosas obras de Disney así como do artista Xoel López para a Orquestra Sinfónica de Galicia, participando ademais nos concertos como pianista e director do coro. Compositor desde os 16 anos, nesta faceta foi recoñecido con diversos premios, especialmente no mundo da música vocal. Ademais, foi responsable de diversas bandas sonoras para curtos, teatro, documentais e videoxogos.
