Lugares: NORMAL Campus de Riazor
-

Iniciación ao guión — Escribir dende dentro
✴︎
O guión é a base sobre a que se cimenta unha obra audiovisual. Se durante o exercicio de escribir, procuramos poñernos persoais, o resultado non só será máis singular, senón tamén catártico.
-

Escrita creativa
✴︎
Pódese aprender a escribir? Ou o talento literario é unha calidade innata sobre a que o traballo e o estudo ten unha influencia menor? Esa disxuntiva marcou as diferentes aproximacións á escritura creativa desde que alguén se expuxo por primeira vez ensinar a outros a escribir.
-

Laboratorio de performance e xénero
✴︎
Laboratorio de prácticas performativas e investigación teórica que entrelaza os estudos de perfomance coa lingüística e os estudos de xénero.
-

Danza contemporánea, iniciación. O discurso corporal.
✴︎
Esta formación baséase na organicidade do corpo, partindo da relaxación e a mobilidade, desenvolvendo pautas de movemento para desbloquear distintas calidades corporais.
-

Do manuscrito ao libro. Autoedición práctica.
✴︎
Obradoiro de 12 horas Curso práctico orientado a quen xa dispón dun manuscrito e quere transformalo nun libro listo para publicar. Desde a corrección ortotipográfica ata a creación de eBooks e audiolibros, pasando pola maquetación de libros impresos e a publicación en plataformas internacionais, o alumnado aprenderá a dominar o proceso completo de autoedición con…
-

Aula de Teatro da UDC
✴︎
Nesta Aula de Teatro da UDC proponse formar ás alumnas en técnicas de interpretación e entrenamento actoral para a posterior montaxe dunha peza escénica baseada no conflito das Encrobas e as minas de lignito do ano 1977.
