35 horas
Horario: martes de 19:00 a 21:00
Obxectivos e contidos da Aula
A Aula de Música é un espazo de encontro arredor do canto, aberto a calquera persoa da comunidade universitaria e tamén a público externo, con ou sen experiencia previa. O obxectivo é gozar da música, e vivir a experiencia de cantar de forma distendida e participativa. O curso remata con actuacións públicas que serven de peche e celebración do traballo realizado.
O traballo da Aula céntrase na montaxe de repertorio coral, abordado desde unha base técnica sólida pero accesible: respiración, colocación, afinación e fraseo aplicados ao canto en grupo. Cada peza sérvenos para afondar en aspectos concretos da voz —tesitura, empaste, dinámica—, sen perder de vista que o obxectivo final é soar ben xuntos. Deste xeito, a formación vocal individual queda integrada de forma natural dentro do proceso colectivo de preparar un repertorio para ser presentado en público.
Selección do elenco
Data da proba de selección: 06/10/2026
Horario: de 19:00 a 21:00 h
A inscrición dará acceso ao proceso de selección para as novas incorporacións á Aula de Música. Unha vez seleccionada a persoa e superada a proba, enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para formalizar a matrícula.
O coro está aberto á participación de toda a comunidade universitaria e do público xeral, independentemente da idade e da experiencia musical previa. Non é necesario contar con formación ou experiencia musical anterior para participar.
A diversidade de voces, experiencias e perfís contribúe a enriquecer o proxecto artístico e a reforzar a súa dimensión de extensión e participación cultural universitaria.
Se estás interesado en participar na audición, por favor, enche o seguinte formulario
Fotografía: @byn_imagen_corporativa.
Estrea da Aula de Música da UDC 2025-26
✴︎ Docente

Daniel García Artés
Daniel García Artés (A Coruña, 1983), é director coral, compositor, pianista e profesor de técnica vocal. Dende 2014 dirixe o Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia, e dende 2015 imparte piano e técnica vocal en Rock School Coruña, onde tamén dirixe o Coro Gospel. Fundador e director do coro moderno O Acorde Secreto. Premiado (Bolsa Fernando Remacha, Concurso Bécquer de Música Coral), arranxou obras de Disney e orquestrou cancións de Xoel López para a OSG. Responsable da aula e obradoiro de música da UDC nos cursos 2024/25 e 2025/26.
