✴︎

13/10/2026

14/05/2027

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

Aula de Teatro

45 horas

Martes de 18:30 a 20:30 horas

Obxectivos e contidos da Aula 

Laboratorio e montaxe dunha peza escénica titulada “Luditas & misteiras & cigarreiras”, unha peza escénica performativa e experimental baseada na folga das cigarreiras contra as máquinas no ano 1857, co gallo do 170.º aniversario. 

Obxectivos da aula:

Formación da actriz en adestramento actoral, teoría teatral, estética e unha achega a novas linguaxes híbridas. 

Contidos da aula: 

  • O desexo, o inconsciente e a tensión na creación das personaxes. 
  • Creación con materiais: o obxecto como metáfora. 
  • O tempo e o ritmo como aliado na creación escénica. 
  • O poema como texto teatral. 
  • Preparación da montaxe escénica. 

Selección do elenco 

Datas das probas de selección: 06/10/2026 

Horario: de 19:00 a 21:00 h 

A inscrición dará acceso ao proceso de selección para as novas incorporacións á Aula de Teatro. Unha vez seleccionada a persoa e superada a proba, enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para formalizar a matrícula. 

Seleccionaranse un máximo de 25 persoas para formar parte do proceso de creación colectiva dunha nova peza escénica. 

A proposta está aberta a persoas con ganas de experimentar, aprender e descubrir novas formas de expresión a través do corpo e da escena. Búscase reunir unha diversidade de perfís, experiencias e intereses, nun proceso creativo compartido no que todas as persoas participantes poidan achegar a súa mirada e contribuír á creación da peza. 

Se estás interesado en participar na audición, por favor, enche o seguinte formulario

fotografía: @byn_imagen_corporativa.
Espectáculo: Encrobas 77: a precuela.
Aula de Teatro da UDC 2025-26

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings