Este percorrido pola memoria colonial coruñesa, dirixido por Zinthia Álvarez Palomino e Cristina Botana Iglesias convida a recoñecer as pegadas que o tráfico transatlántico de persoas escravizadas deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente.

No marco do proxecto “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade” dende o 24 de abril de 2026 está aberta en NORMAL a exposición “A Coruña, porto negreiro“. Esta mostra propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e do seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas.
O seu percorrido convida a recoñecer as pegadas que ese legado colonial deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente.
A mostra, que se poderá visitar no espazo NORMAL até o 15 de setembro deste ano, propón unha mirada crítica ao pasado colonial da cidade e ao papel que o seu porto desempeñou no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. A través de documentos, imaxes e voces diversas, a mostra revela as conexións entre progreso e violencia, así como as fortunas, as rutas e os silencios que sustentaron a trata nos séculos XVIII e XIX..
Podedes atopar máis información sobre esta exposición na folla de sala que compartimos a pé desta páxina ou na web do proxecto: www.acorunaentrememorias.com/
