✴︎

21/10/2026

14/05/2026

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

Aula de Danza

35 horas

Mércores de 19:00 a 21:00 horas

Obxectivos e contidos da Aula  

Encontros e desencontros absurdos nunha viaxe dende o humor, co corpo e a danza como ferramenta principal. 

Obxectivos da Aula

Xogaremos, coa inspiración da obra de Woody Allen, Contos Sen Plumas, a crear secuencias danzadas e interpretadas dende o corpo que recreen personaxes cunha curiosa cotianidade. Un mundo absurdo que tomará forma ao longo do proceso creativo.  

Danza despoxada da intensidade e o dramatismo que a adoita caracterizar. Desta vez tomaremos o humor como obxectivo. 

Contidos da Aula: 

É importante a observación previa das intérpretes para que elas se impliquen, non só como intérpretes, senón tamén como creadoras,  coa finalidade de que a peza teña un pouco da esencia de cada unha, sempre guiadas por pautas concretas e revisión e modificacións do material por parte das directoras.  

É por isto que cremos firmemente na creación colectiva, porque fai que as intérpretes brillen, e despreguen as súas habilidades e a súa esencia. Isto fai que a peza medre, e tamén que elas se impliquen máis. Despois, é tarefa das directoras que este material teña unidade dentro da diversidade. 

Haberá tamén material coreográfico creado directamente polas coreógrafas (momentos grupais que fan que a coreografía adquira a forza que precisa). 

Teremos en conta conceptos e pautas que nos guiarán na procura do material para a obra: 

  • Actividades cotiás feitas dun modo absurdo. 
  • Encontros e desencontros: relacións entre personaxes. 
  • A procura do universo colectivo, indagando a través das tradicións e a idiosincrasia galega. 
  • Interaccións con obxectos, utilizados de maneiras diferentes á súa utilidade normal. 
  • Coreografías precisas e unísonos con premisas cotiás, por exemplo: miradas, tomar unha cunca de té, poñerse unha chaqueta, etc. 

Selección do elenco 

Datas das probas de selección: 07/10/2026, 14/10/2026 

Horario: de 19:00 a 21:00 h 

A inscrición dará acceso ao proceso de selección para as novas incorporacións á Aula de Danza. Unha vez seleccionada a persoa e superada a proba, enviaráselle un correo electrónico coa ligazón para formalizar a matrícula. 

Seleccionaranse entre 7 e 15 persoas para participar na creación dunha peza. Valorarase especialmente a experiencia ou formación previa en danza contemporánea ou danza urbana, así como o coñecemento de clown ou teatro físico, aínda que non sexa de carácter profesional. 

Ademais da experiencia e das capacidades artísticas, valorarase especialmente o compromiso coa asistencia aos ensaios e ás actuacións vinculadas ao proxecto. 


Se estás interesado en participar na audición, por favor, enche o seguinte formulario

fotografía: @byn_imagen_corporativa.
Espectáculo: Derivas
Aula de Danza da UDC 2025-26

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings