Lugares: NORMAL Campus de Riazor
-

Semiótica do deseño aplicado ao coiro
✴︎
Este non é un obradoiro convencional de marroquinaría, senón un laboratorio de experimentación onde exploraremos o coiro como material plástico, utilizando técnicas que proceden de diversos ámbitos e mesmo inspiradas en accións cotiás.
-

Obradoiro de videoarte no cinenormativo
✴︎
Videoarte no cinenormativo é un obradoiro teórico-práctico impartido por Mario Gutiérrez Cru que introduce a artistas e non artistas no mundo da videoarte, o cinema expandido e a performance audiovisual.
-

Fío do Norte
✴︎
O 17 de outubro ás 19.30 h, inauguramos a exposición FÍO DO NORTE, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos. Esta exposición reúne diversas visións que exploran a linguaxe do territorio denominado noroeste ibérico, a súa sensorialidade, o animismo da paisaxe e as múltiples mitoloxías individuais e colectivas. Na inauguración, Carme López…
-

Club de lectura
✴︎
No club de lectura da Normal, que se reúne os mércores de 18 a 20 horas de xeito quincenal, comentaremos o libro lido na casa (temática, estilo, acción, personaxes, sensacións…) fomentando o debate san e a participación de persoas moi diversas.
-

Obradoiro de Teatro — Interpretación e creación escénica
✴︎
O obxectivo deste obradoiro é proporcionar ao alumnado competencias básicas no ámbito da interpretación.
-

Obradoiro de proposta libre — Cadernismo e debuxo urbano: En busca dunha identidade propia
✴︎
Neste curso ensínanse as posibilidades do cadernismo aplicadas ao debuxo urbano. É un curso tanto teórico como práctico, onde os alumnos poderán explorar e practicar a través de exercicios que se centran nos distintos aspectos fundamentais do debuxo.
