Lugares: NORMAL Campus de Riazor
-

Obradoiro de música — Ensamble Musical Creativo
✴︎
Un obradoiro que combina a música vocal coa diversidade cultural e xeracional. O proxecto actúa como un compás que guía a artistas de diferentes campos cara a un norte común, fomentando a colaboración e a creatividade.
-

Obradoiro Danza — SOMA | laboratorio cinestésico artes e ciencias do movemento
✴︎
Sesións de traballo que transcorrerán pola experimentación dunha serie de conceptos, técnicas e exercicios para acompañar e afinar a percepción, para comprender as relacións entre as sensacións físicas e as linguaxes que utilizamos, entre o corpo, o seu materialidade, e os procesos que median na conciencia que temos do mesmo.
-

Obradoiro de Teatro — Interpretación e creación escénica
✴︎
O obxectivo deste obradoiro é proporcionar ao alumnado competencias básicas no ámbito da interpretación.
-

Obradoiro de fotografía — Diarios Visuais: Fotografía e escrita para o rexistro do cotián
✴︎
Este é un taller para que a fotografía sexa algo fácil e unha ferramenta de expresión persoal. Unha extensión da nosa linguaxe para comunicar ao mundo.
-

Obradoiro de Escrita creativa
✴︎
Pódese aprender a escribir? Ou o talento literario é unha calidade innata sobre a que o traballo e o estudo ten unha influencia menor? Esa disxuntiva marcou as diferentes aproximacións á escritura creativa desde que alguén se expuxo por primeira vez ensinar a outros a escribir.
-

Obradoiro de Creación e produción musical
✴︎
O presente curso pretende brindar a oportunidade aos alumnos de introducirse no mundo da música dende dun dobre punto de vista, que conxunta a creación musical e a elaboración dun produto.
