Lugares: NORMAL Campus de Riazor
-

Escrita creativa
✴︎
Pódese aprender a escribir? Ou o talento literario é unha calidade innata sobre a que o traballo e o estudo ten unha influencia menor? Esa disxuntiva marcou as diferentes aproximacións á escritura creativa desde que alguén se expuxo por primeira vez ensinar a outros a escribir.
-

Achegamento práctico á Arte Contemporánea
✴︎
Obradoiro de 12 horas Horario: martes e xoves de 18:30 a 20:00 horas. Inmersión práctica na arte contemporánea a través do contacto directo con artistas e espazos de creación da Coruña. O curso combina contidos teóricos, dinámicas participativas e visitas a estudos e exposicións, favorecendo unha comprensión crítica e próxima da creación actual. O alumnado…
-

SOBRE TODO
✴︎
SOBRE TODO é un proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre como este lugar está en proceso de converterse en territorio, e como este acto de territorialización pode ilustrar problemáticas actuais relacionadas co Capitaloceno e as súas catástrofes ancestrais (aquelas que son simultaneamente pasado e…
-

Lab Textile; sistemas de estampación natural
✴︎
Obradoiro centrado no sistemas tradicionais de estampación textil mediante pigmentos naturais e procesos manuais.
-

O libro como ferramenta creativa
✴︎
Neste obradoiro exploraranse as publicacións que colocan a imaxe no centro do discurso. Construiranse narrativas visuais experimentando con códigos, tipoloxías, disposicións, formatos e materiais. Combinando o formal e o experimental, daráselles vida a proxectos únicos.
-

Xestionar un festival nunha comunidade local: Da idea á práctica
✴︎
Obradoiro de formación en xestión cultural para xente profana (e non tan profana) que teña unha idea de evento ou festival e lle gustase poñer en práctica, preferentemente desde un traballo que integre a comunidade local onde se vai implantar o devandito acontecemento.
