Obradoiro de 15 horas
Sistemas tradicionais de estampación téxtil mediante pigmentos naturais e procesos manuais.
Veranse tres das técnicas principais:
- Shibori: procede do Xapón e xera patróns de repetición grazas a técnicas de dobrado xeométrico e tinguidura de tea.
- Batik: orixinario de Indonesia e que permite facer debuxos lineais con cera e tinguidura.
- Estampado botánico: que permite estampar flores e follas directamente sobre o tecido por presión e enrolado.
✴︎ Docente

Pilar Marcó Padín
Deseñadora téxtil. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e especializada na Escola Massana de Barcelona, deseña estampados para Australia, USA e Europa en colaboración con algunhas das axencias téxtiles máis importantes do sector.
Dende fai cinco anos investiga as posibilidades dos sistemas de estampación tradicional como alternativa ós modelos de produción industrial: por iso, e dende un enfoque de posta en valor dos recursos da artesanía coma recurso de estampación contemporáneo, recupera técnicas tradicionais de distintas culturas ( India, Xapón, Africa) para desenvolver alternativas sostibles e viables a nivel produtivo.
En paralelo ó seu traballo creativo, colabora con BAU Centro Universitario de Arte e Deseño de Barcelona e Barcelona OFFDESIGN Week coma docente invitada, ó mesmo tempo que desenvolve obradoiros e workshops especializados en distintos espazos culturais de Galicia e Barcelona.
