Obradoiro de 15 horas
O libro non é só un contedor de palabras; é un universo en si mesmo. É un obxecto que nos convida a deternos, reflexionar e construír, con tempo e coidado, aquilo que nos conmove e atravesa. Na súa aparente limitación, reside un potencial infinito para a narrativa, a experimentación e a creación. Máis que un medio de comunicación, o libro é un lenzo onde o formal e o creativo se entrelazan a través da linguaxe visual, os formatos e os materiais.
Neste obradoiro exploraranse as publicacións que colocan a imaxe no centro do discurso. Construiranse narrativas visuais experimentando con códigos, tipoloxías, disposicións, formatos e materiais. Combinando o formal e o experimental, daráselles vida a proxectos únicos.
✴︎ Docente

Ruth Montiel Arias
Ruth Montiel Arias naceu en Palmeira (A Coruña) no ano 1977. É graduada en Artes Aplicadas pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, mestrada en Imaxe Corporativa pola Universidade Politécnica de Cataluña (Barcelona) e mestrada en Fotografía pola Escola de Fotografía e Cine (EFTI) de Madrid.
Os seus proxectos persoais investigan a relación humana co territorio natural e os conflitos derivados da dominación e opresión animal, ambiental e social. Neste sentido, publicou os fotolibros Ánima, Bestiae, El 2% e From Harm To Healing.
A súa obra foi exposta en institucións culturais e galerías en países como México, Arxentina, Perú, Colombia, Estados Unidos, Alemaña, Holanda, China e España, ademais de difundirse a través de diferentes medios de comunicación como o Diario.es, La Marea, ABC, El País, Vice, Grupo EFE, a RTVE e a TVG. Tamén foi seleccionado en distintos certames de arte, así como para bolsas e residencias artísticas nacionais e internacionais.
