✴︎

15/02/2025

15/05/2025

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

Obradoiro de Creación e produción musical

Obradoiro de 30 horas

O presente curso pretende brindar a oportunidade aos alumnos de introducirse no mundo da música dende dun dobre punto de vista, que conxunta a creación musical e a elaboración dun produto; feito que non ten por que ir en detrimento da calidade artística. En palabras do multipremiado produtor Rick Rubin (Red Hot, Adelle, Metallica…): “A produción é o acto de converter a un artista en produto”.

Para chegar a comprender as palabras deste visionario da música dos últimos trinta anos iremos traballando os diversos elementos a ter en conta, dende o nacemento dun pequeno motivo melódico ata a masterización dun traballo discográfico.

Metodoloxía eminentemente práctica

A impartición deste tipo de curso supón o estudo de moitas cuestións técnicas, tanto dende o punto de vista da creación musical como desde cuestións ligadas ao fluxo de traballo nun estudo de gravación. Esta “carga teórica” sempre irá acompañada de prácticas: composición de melodías, orquestración, arranxos, gravación, colocación de micros, mestura…

A elaboración do Proxecto Final dividirase en dúas partes: a primeira consistirá na composición dunha peza musical que terán que entregar ao final do primeiro cuadrimestre. A segunda suporá a produción dun single a partir da composición anteriormente mencionada, que deberá estar lista ao final do segundo cuadrimestre.

Alfredo García Sánchez
Alfredo García Sánchez

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings