Obradoiros e aulas da Área de Cultura de Coruña e Ferrol 

Obradoiros presenciais en NORMAL:

2025/26

A matrícula estará aberta do 13 ao 24 de outubro de 2025.

Obradoiros presenciais no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro (Ferrol):

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula abrirá o luns 13 de outubro e rematará o  venres 24 de outubro de 2025. A matrícula farase en liña.

As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en “comunidade universitaria”, para os membros dos diferentes colectivos da UDC, ou en “persoas externas”, para o público xeral. O colectivo “persoas externas” deberá introducir os seus datos se ten unha conta xa creada. De non tela, é preciso premer en “crear unha nova conta” e encher o formulario que aparecerá, finalizando o proceso de rexistro premendo en “rexistrar”. Logo do proceso de rexistro, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegase a sete persoas.

O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución Reitoral 23/11/2023)

Importante:

Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.

As persoas desempregadas ou que tiveren acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán enviar ao correo electrónico normal@udc.es (ou no seu caso ao correo cultura.ferrol@udc.es), previamente á súa matriculación, a documentación que acredite a súa situación. Unha vez recibida e validada daránselles as instrucións necesarias para formalizar a matrícula.

Para resolver calquera dúbida ou incidencia, deberase comunicar a mesma ao correo normal@udc.gal ou a través dos teléfonos 881014502 en quenda de mañá ou 881014511 en quenda de tarde para os obradoiros de NORMAL. Para os ofertados en Ferrol o correo é cultura.ferrol@udc.gal e o teléfono 881013697, en quenda de mañá. 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings