Obradoiro de 35 horas
A viaxe:
Creación colectiva dunha peza de danza contemporánea de arredor de 15min.
Na procura dunha dirección concreta, na procura da identidade, na procura do mar.
Xogaremos coa idea dunha viaxe que nos dirixe, da dirección, da brúxula, do faro que nos anuncia a costa, indagando na identidade galega, pescadora, costeira e emigrante.
Persoaxes á procura da súa identidade colectiva.
Máis información e horarios na páxina de
✴︎ Docentes

Alba Fernández Cotelo e Alicia López
Docente:
Alicia López e Alba Fernández son bailarinas, creadoras e mestras de danza contemporánea. Ambas destacan pola súa multidisciplinaridade, e a posta de diferentes ferramentas (danza urbana, teatro, danza contemporánea, artes plásticas, clown…) en favor da creación e da dramaturxia do movemento. Alicia dende 2016 e Alba dende 2006, somos parte de diferentes compañías como creadoras e intérpretes. Poñemos a nosa experiencia en favor do proxecto, que será colaborativo, e á vez unha experiencia de aprendizaxe para todas as persoas participantes.
