Obradoiros e Aulas da Área de Cultura de Coruña e Ferrol 

CURSO 2026/27

matrícula aberta do 4 ao 17 de setembro de 2026.

Obradoiros presenciais en NORMAL (Campus Riazor):

Obradoiros presenciais no Centro Cultural Universitario do Campus de Ferrol:

A programación complétase coas Aulas de Música, Teatro e Danza, tres espazos de creación que se desenvolverán ao longo do curso e que culminarán en diferentes propostas escénicas.

O prazo de inscrición nas audicións previas das Aulas estará aberto entre o 4 de setembro e o 4 de outubro de 2026.

Proceso de inscrición  

A preinscrición nos obradoiros realizarase a través de UDCXEST.  

Cando o obradoiro acade o mínimo de inscricións, de forma automática a plataforma enviará unha notificación á persoa inscrita para formalizar a reserva e realizar o pagamento da matrícula. 

As persoas dos diferentes colectivos da UDC terán que facer o proceso de matrícula premendo «comunidade universitaria».

O alumnado pendente de formalizar a súa matrícula na UDC nas datas establecidas para inscrición/preinscrición nos obradoiros da área de cultura terá que solicitar a tramitación enviando un correo electrónico a normal@udc.es

Se finalmente non formaliza a matrícula na UDC no curso académico en cuestión, non poderá seguir participando no obradoiro e non se lle devolverán os importes pagados.  

As persoas que non pertenzan á comunidade universitaria, pero teñan conta en UDC Xest, deberán matricularse introducindo os seus datos no apartado persoas externas

As persoas alleas á comunidade universitaria que non teñan conta deberán ir a crear unha nova conta e encher o formulario. Unha vez finalizando o proceso e, logo de premer en rexistrar, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para comezar o procedemento de matrícula en persoas externas

As persoas desempregadas ou con acreditación de discapacidade igual ou superior ao 33%, con anterioridade á súa matriculación, deberán enviar ao correo electróniconormal@udc.gal  (ou no seu caso ao correo cultura.ferrol@udc.gal ), a documentación que acredite a súa situación.Unha vez recibida e validada, daránselles as instrucións necesarias para formalizar a matrícula. 

Os prezos nos distintos colectivos, incluído o das persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen o seguro de accidentes. 

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegase a 7 persoas. 

O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 22/07/2025). 

A normativa de devolucións aplicable pode consultarse AQUÍ

Para calquera dúbida ou incidencia: 

Obradoiros de NORMAL: normal@udc.gal | 881 014 502/881 014 511 (mañá) | 881 014 518 (tarde). 

Obradoiros de Ferrol: cultura.ferrol@udc.gal | 881 013 697 (mañá). 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings