Exposicións
-

«ONDE HABITAN AS MOURAS. CARTOGRAFÍAS DE NÓS», DE VIKI RIVADULLA
✴︎
30/10/2026—
07/01/2027✴︎
NORMAL Campus de RiazorViki Rivadulla presenta en NORMAL «Onde habitan as mouras. Cartografías de nós», unha reflexión artística sobre a defensa da natureza e o legado das mulleres. A exposición reúne 30 obras acrílicas sobre lenzo e convida a reflexionar sobre a relación entre as persoas e o territorio desde unha perspectiva ecofeminista.
-

A Coruña, porto negreiro
✴︎
24/04/2026—
15/09/2026✴︎
NORMAL Campus de RiazorEste percorrido pola memoria colonial coruñesa, dirixido por Zinthia Álvarez Palomino e Cristina Botana Iglesias convida a recoñecer as pegadas que o tráfico transatlántico de persoas escravizadas deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente..
-

SOBRE TODO
✴︎
10/04/2025—
24/07/2025✴︎
NORMAL Campus de RiazorSOBRE TODO é un proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre como este lugar está en proceso de converterse en territorio, e como este acto de territorialización pode ilustrar problemáticas actuais relacionadas co Capitaloceno e as súas catástrofes ancestrais (aquelas que son simultaneamente pasado e presente).
