Powered by Emotion: Mårten Spångberg

Mårten Spångberg

Mércores, 30 de abril — 20:00 h
Sala Almacén

Pode a danza ofrecer un espazo para o dó? Unha zona de alivio onde a vida e a perda, o movemento e a lembranza podan coincidir ofrecendo consolo en tempos de axitación e disrupción?

Mårten Spångberg  interpretou o solo ”Powered by Emotion” cada ano desde a súa creación hai 22. A coreografía permanece inalterada, coas Variacións Goldberg de Bach como música de fondo, mentres que o corpo que baila vai avellentando – acumulando tempo, lembranzas, engurras e transformacións físicas. Ao mesmo tempo, é una experiencia esperanzadora que funciona como un santuario que, aínda que fráxil, protexe a nosa capacidade de respirar. 

Emerxendo dunha forte conexión co traballo improvisacional do coreógrafo estadounidense  Steve Paxton, “Powered by Emotion” tenta escoitar o rumor autónomo da danza. Se cadra é precisamente porque non é máis que unha danza – unha danza que non pretende amosar nin dicir – que pode ofrecer un despregamento de entornos delicados; un tempo que non fai preguntas, que non esixe decisión, un que, no canto de competir pola atención, se converte nunha paisaxe na que x espectador pode descansar, vagar libremente e habitar a perda. 

Hai 22 anos botei algún meses reconstruíndo a improvisación de Steve Paxton sobre as Variacións Goldberg de Bach interpretadas por Glenn Gould e filmada por Walter Verdin e estreada por vez primeira en 1992. Non tiña as habelencias, pero decidín aprender a danza sen apoio. Levou tempo, pero en agosto de 2003 estreouse unha peza titulada “Powered by Emotion” no contexto do Tanz im August. Un ano ou dous despois, Steve viu a peza e falamos. Logo, en 2008, pediume que a interpretase en New York, na igrexa Hudson. Estaba nervioso, pero funcionou. 

Bailei a peza para algún público case todos os anos dende aquela. Cada vez que a recordo, a danza convértese nunha extraña, distante pero fisicamente presente reconexión con Steve. Unha amizade asimétrica. Aínda que nunca bailamos xuntos, compartimos unha danza – unha que Steve improvisou unha vez e nunca máis e unha que eu repetín miles de veces no estudio durante máis dun terzo da miña vida. 

Mårten Spångberg
Mårten Spångberg

Quizais a sensación amplifícase porque “Powered by Emotion” está completamente fixada – partes dela son extremadamente familiares pero a outros niveis aínda, despois de dúas décadas, misteriosa, escorregadiza, resístese a ser comprendida. 

Unha vez falamos sobre a posibilidade de que seguise bailando a peza durante moitos anos. Sen unha razón concreta, decidín que serían trinta. Os 65 parecían unha boa idade para retirarse. Para min non é unha danza doada. Cada vez debo reintegrala ao corpo durante polo menos unha semana. É curioso loitar con algo despois de tanto tempo. Case irritante que aínda me desafíe, de cada vez, aínda, unha aprendizaxe. 

Lembro 2003, foi un tempo no que todo parecía posible – a danza, a arte, a vida, unha carreira apenas comezando. Non boto de menos os “vellos tempos” pero co tempo a danza converteuse nun rastro a través da vida. Normalmente, documentamos a danza. Neste caso, a danza converteuse nun documento do propio tempo e dun corpo en proceso de envellecemento.

Mentres ensaiaba a peza para unas función en Corea, miña nai sofreu un derrame cerebral. Os ensaios transformáronse en dó, tan clarificadores como reconfortantes. As funcións en Seúl convertéronse nunha despedida danzada. 

Medio ano despois, Steve Paxton faleceu o 21 de febreiro, aos 85 anos. Por moitas razón, sentín que era urxente volver visitar a danza e compartila cunha audiencia. Ensaieina durante unha semana, atopando sempre novos camiños a través dos movementos, decatándome de que esta danza é sempre nova e diferente, simultaneamente neutra, algo distante e eternamente presente, non exactamente experimental pero xenuinamente comprometida.

Durante todos estes anos sentín a presenza de Steve Paxton cando bailaba. O seu espíritu acompañoume, ofrecéndome unha zona a través da que a miña danza puido resoar. A primavera pasada, Steve tamén estaba alí comigo, pero no medio da danza experimentei un forte estremecemento, unha sensación sen palabras que me fixo saber que, a partir dese momento, tería que protexer a danza e manter un espazo para ela. Chegoume a través de capas de tristura e esperanza, sen bágoas pero coa sequidade e o ton leve e asubiante de Steve. 

Esta primavera, meu pai enfermou e faleceu pouco despois. Na percura dun espazo para o dó, decidín organizar unha pequeña xira informal bailando a peza en lugares aos que teño aprezo e para persoas ás que estimo. Compartindo a perda e o dó co público, tacitamente e, cando se sinte, a través da conversa. 

Por estraño que pareza, unha peza que comezou como unha reconstrucción, converteuse en algo intimamente persoal. Espero que o persoal leve implícito un convite a pasar tempo coas vulnerabilidades que acompañan a perda e o dó.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings