Ciclo de performance X de Corpos Presentes

@decorspospresentes volve a NORMAL cun ciclo de mostras, encontros e formación arredor do corpo, o movemento e as artes performativas. Con artistas que apostan pola exploración das formas, os discursos comprometidos, a proximidade afectiva, os vínculos entre a biografía persoal e os relatos colectivos, e a relación entre vulnerabilidade e risco.

Programa:

– Mércores 28 de febreiro, 19:30h – Sala de exposicións de Normal. Entrada libre.

Mostra RES ÍNTIMA de Irene Ducajú Mayans + Conversa posterior

“Empecei a bailar fuxindo do propio corpo. Interésame utilizar os lugares complexos da biografía como universos creativos. Interésame tamén, utilizar o detallado e matizado da vivencia persoal como base desde a cal propor e reivindicar. E tamén como oportunidade de dinamitar os lugares sacros dunha mesma.”

Irene Ducajú (Madrid, 2000). Bailarina e creadora multidisciplinar.

Res íntima. Parte I – Irene Ducajú Mayans – De corpos presentes

– Xoves 29 febreiro, de 17:00 a 18.30 h. – Sala Almacén de Normal. De balde con inscrición: cultura.coruna@udc.gal

 Encontro “Abrir o círculo” con Alejandra Balboa

Alejandra Balboa, creadora e bailarina galega, compartirá as derivas de “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo”, un proxecto de investigación artística sobre o sentido do gusto e o concepto degustación tanto no ámbito da creación artística como na propia linguaxe de movemento, explorando a boca como lugar desde o que florecer.

Alejandra Balboa é unha creadora, intérprete e pedagoga en danza graduada pola Escola Superior de Dança de Lisboa en 2015. En 2016 comeza a explorar o mundo da creación.

– Venres 1 de marzo, ás 19:30 h. Sala de exposicións de Normal. Entrada libre

Mostra CANDO LLE PERMITO AO CORPO AQUILO QUE DIGO de Alejandra Balboa e Pavel Amilcar

Alejandra Balboa e Pavel Amilcar entrelazan a danza contemporánea e a música barroca na súa proposta “Cando lle permito ao corpo aquilo que digo” . Un proxecto de investigación sobre o sentido do gusto e o concepto degustación tanto no ámbito da creación artística como na propia linguaxe de movemento, explorando a boca como lugar desde o que florecer.

Alejandra Balboa é unha creadora, intérprete e pedagoga en danza graduada pola Escola Superior de Dança de Lisboa en 2015. En 2016 comeza a explorar o mundo da creación.

Pavel Amilcar, violín barroco. Estuda violín barroco en Barcelona na Escola Superior de Música de Catalunya, onde se titula baixo a cátedra de Manfredo Kraemer e Pablo Valetti.

Cando lle permito ao corpo aquilo que digo – Alejandra Balboa e Pavel Amilcar – De corpos presentes

– mércores 20 de marzo, de 19:00 a 20.30 h. – Sala Almacén de Normal. De balde con inscrición: cultura.coruna@udc.gal

 Encontro “Abrir o círculo” con Ánxela Blanco

Abriremos un diálogo sobre a acción artística en entornos sociocomunitarios, sobre a idea de refuxio que supón  a actividade creativa, sobre como a convivencia coas outras inspira procesos artísticos e de transformación… pero tamén axuda a falar e abordar conflictos, a pensar situacións difíciles dende novos lugares, imaxinar camiños diversos. Ademais, Ánxela Blanco compartirá as derivas do novo traballo que actualmente está a desenvolver xunto con Bea Rubio, baixo o suxerente título “Reikiavik”. Buscamos achegarnos ás múltiples facetas da práctica artística (fondamente ligada á vida) que desenvolve Ánxela Blanco, desde un espazo para a conversa próxima e fluida. “Arte para transformar corpos e comunidades”.

– xoves 21 de marzo, de 18:30 a 20:30 h.- Aula de Danza de Normal. De balde con inscrición: cultura.coruna@udc.gal 

Obradoiro – práctica de movemento con Elsa Pereira

Práctica de materiais para a composición instantánea (ou como facer da capa un saio improvisado)

“Para esta práctica farei unha proposta indecente: quixera compartir unha serie de códigos sobre os que investigo e que me inspiran á hora de improvisar, de arrincarme a bailar. Propoño unha actitude explorativa e unha serie de accións que nos ampararán cando improvisamos sen unha estrutura programada. Imos experimentar dende o xogo e activar o corpo a un espazo ‘deslimitado’, ou abrir as persianas á mirada externa. Como cando soa esa canción que de súpeto nos activa, imos guindarnos á danza.”

– venres 22 de marzo, ás 19:00 h. Sala de exposicións de Normal. Entrada libre

Mostra XAVIER A TRAVÉS DE MIN (Work in progress) de Félix Fernández

Proxecto de artes vivas de corte autobiográfico co que quero traer ao presente o legado inmaterial que o meu irmán, Xavier Fernández, me deixou en vida, e deixar ao descuberto todo o sedimento da vida do meu irmán en min. As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas proporciónannos unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade case confesional, onde atoparemos un espazo de liberación enerxético pouco habitual e no que poderemos ver o reflexo das nosas vidas. Xavier Fernández traballou ata a morte en relación á Consciencia, era psicólogo, criminólogo, investigador e psiconauta, profesor de ioga, de meditación, e tamén guía en procesos de procura interior.

XAVIER A TRAVÉS DE MIN (Work in progress) de Félix Fernández

Este programa conta co apoio da Deputación da Coruña @DACCultura a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural.

https://decorpospresentes.gal

Logo Deputación

Publicado por: Cultura

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings