Hic Sunt Leones

✴︎

10/04/2024

10/07/2024

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

NORMAL inaugura nova exposición do artista Pablo Barreiro o día 10 de abril ás 19:30 h. Poderase visitar ata o 10 de xullo

No Parque do Pasatempo en Be­tanzos, ideado polos irmáns Naveira, foron reproducidas moitas formas históricas e culturais que definen un ima­xinario cosmopolita.

O Parque dispón un contexto de contemplación de múltiples esculturas e construcións que se poden encadrar na idea da viaxe iniciática europea por antonomasia, o Grand Tour tan común entre os séculas XVII e XIX. Pero ao mesmo tempo o lugar funciona como entrada mistagóxica a unha viaxe interior na que a forma cultural se comporta como guía da alma. Na entrada do Parque dous leóns gardaban a porta, dous leóns que os Naveira copiaron dos orixinais na basílica de San Pedro (Roma), feítos en mármore de Carrara por Antonio Canova (1757-1822) para o sepulcro do papa Clemente XIII (1759-1769). Un representa as virtudes da fe. O outro, a vida eterna. Os leóns son os gardiáns do acceso a algo que está máis alá e preparan a mente para o recoñecemento das formas por viren, á maneira das formas platónicas. Hic sunt leones, dicían os romanos, «Aquí están os leóns», os que gardan do secreto acontecemento. Despois de ter decaído o Pasatempo, xa nos anos 70, os leóns foron mercados e levados para Asturias, onde vixían na actualidade a entrada do santuario de Covadonga.

Pablo Barreiro establece un diálogo coa copia dos leóns que viaxou desde Roma a Betanzos e de Betanzos a Covadonga, buscando a aproximación á Urbild, figura arquetípica, que consolida a idea dun mundo, o europeo. No seu traballo de acción e reflexión sobre a copia, realizando copia da copia, reproduce con tento visionario partes dos leóns como signos dun prototipo arredor do cal a historia da arte comezou a gravitar, tal e como sinala Ernst Gombrich, definindo o sentido canónico da beleza. Nas escalas de arte a reprodución dos prototipos era condición necesaria para aprender o bo gusto e adquirir a mestría da tékhne, a técnica.

Pablo, con acertado refinamento deconstrutivo, reflexiona sobre o proceso técnico da reprodución buscando a sinatura que, como rastro arqueolóxico, fica dese arquetipo esgazado, roto, ruinoso e do que só nos queda o resto, o anaco, o fragmento. A connotación da forma non busca no seu traballo a consolidación dunha opus senón a representación do proceso como desvelamento do sentido que a regra estética creou como criterio iniciático para a comprensión do mundo. O autor propón coas pezas e orquestración conxunta desta exposición unha contra-iniciación, a da inoperosita (inoperosidade) da que tala o filósofo italiano Giorgio Agamben, con relación ao obxecto estético. A inoperosidade de Pablo desabra a obra consolidada para abrila a novas usos que non só son estéticos senón tamén políticos, que provocan pensamento, desactivando a acción cultural canónica, mostrando o baleiro fundante de Occidente e agasallándonos cunha acquiescentia in se ipso spinoziana, «unha alegría que nace do feito de que o ser humano se contempla a si mesmo e a súa potencia de actuar», alegría contemplativa que este traballo en proceso aquí exposto nos presenta como posibilidade de des-habitar o arquetipo estético occidental para facelo habitable en maneiras que a historia da arte aínda non pensou.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings