Derrotas: formas de pensar

✴︎

16/02/2023

16/05/2023

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

O 16 de febreiro NORMAL presenta unha nova exposición, que se inaugurará ás 19.30 h. e que poderá ser visitada até o día 16 de maio. A exposición está comisariada por Natalia Poncela e contará cos proxectos de Jacobo Bugarín, Vicente Blanco, Salvador Cidrás, Silvia García e Carme Nogueira.

Derrota. Acción de vencer, someter e domear conceptos e materias. Ser vencida, asumir perdas e resignacións.

Arte como derrota. Un rumbo no horizonte. Esa ruta marcada polos obstáculos que agroman nos tránsitos creativos, nese deslizarse, se é preciso, da ruta marcada en orixe.

Eis a acepción de derrota onde situamos os procesos artísticos, articulacións do pensamento e da corporeidade, estruturas de aprendizaxe e exercicios de intercambio experienciais.

derrotas: formas de pensar é un proxecto expositivo situado nas interseccións entre os campos da arte e da educación que analiza paradigmas establecidos sobre as ensinanzas e as prácticas artísticas. Estamos ante unha exposición onde a perspectiva de xénero engade un necesario prisma sobre o binomio educación e creación artística.

As posibles relacións entre arte e educación están presentes nas artes visuais contemporáneas mais, cal é o espazo que ocupa a educación artística no contexto do sistema da arte? Onde se sitúan as institucións educativas regradas nestas relacións? Participa a educación doutros focos interdisciplinarios e colaborativos? Como podemos entender o espazo da aprendizaxe artística?

derrotas: formas de pensar tamén plantexa unha ollada descronolóxica á propia historia do espazo no que se insire a Sala Normal, da institución pedagóxica da Escola de Mestras de Maxisterio da Coruña que definiron o propósito deste edificio, ofrecendo unha serie de achegas analíticas desde distintos campos de actuación: a creación, a educación, a docencia e a mediación artística.

Para iso cóntase cos proxectos de artistas relacionados coa investigación nesa relación entre arte, educación e mediación artística que configurarán as nosas derrotas, eses horizontes conceptuais sobre o contexto, as formacións, os colectivos, as institucións e os campos de estudo relacionados coa educación artística.

As propostas de Jacobo Bugarín, Vicente Blanco e Salvador Cidrás, Silvia García e Carme Nogueira nesta exposición, están centradas nas relacións entre as estruturas e os suxeitos presentes na educación e na creación artística.

Natalia Poncela López

Documento: Queixa de alumnas da Escola Normal de Mestras da Coruña. 1879

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings