Ante a inminencia

✴︎

19/10/2023

02/02/2024

✴︎

Castelo de San Antón

O xoves 19 de outubro NORMAL presenta unha nova exposición, que se inaugurará ás 20.00 h. e que poderá ser visitada até o día 2 de febreiro de 2024. A exposición de Rubén Santiago está comisariada por Susana González.

Na Coruña, a relación entre a auga e a cidade viuse influenciada pola súa xeografía costeira, que se adentra gradualmente no mar, así como pola histórica escaseza de auga doce, que levou a prácticas de abastecemento especulativas.

 

A illa que alberga o Castelo de Santo Antón é agora sede do Museo Histórico Arqueolóxico da Coruña, unha institución municipal de propiedade e xestión pública desde 1968. Con todo, no pasado, sobre esta illa, coñecida como Pena Grande, achábase unha capela medieval dedicada a Santo Antón que se empregaba como lugar de corentena para persoas afectadas por enfermidades como o ergotismo e a lepra. No século XVI, debido ao crecemento comercial, a illa foi fortificada e cumpriu funcións defensivas. Despois, nun período de estabilidade xeopolítica en Europa, converteuse en prisión, albergando a reclusos comúns e políticos durante dous séculos. A arquitectura do castelo non só é unha expresión estética e funcional; tamén constitúe un testemuño tanxible da historia da cidade e das súas transformacións, manifestando dimensións emocionais e inmateriais da súa identidade.

 

Desde que o espazo hermético da prisión se converteu nun museo transitable, son moitas as persoas que atesouran recordos dese lugar. Rubén Santiago é unha delas. A historia do seu tío avó, acusado de participar no incendio da casa dun cura na provincia de Lugo, xulgado por sedición e encarcerado no castelo en 1937, leva consigo trazas do sufrimento durante o período da guerra, as diferenzas ideolóxicas na familia e as complexas emocións asociadas con estas lembranzas. A imaxe infantil, construída a través das narracións do seu pai, xa predefiniran a súa percepción do castelo e, na súa primeira visita, a distorsión da conxectura levou a Santiago a visualizar o alxibe como o posible “calabozo” onde o seu familiar tería permanecido semisomerxido durante anos.

 

Desde esta primeira conexión que entrelaza a memoria persoal e a ficción, Santiago elixe un espazo afectivo, unha illa de auga doce contida no corazón do granito. A cisterna do subsolo non só recolle as augas pluviais, senón que tamén desempeña a función de pozo dos desexos, opera como lugar de ofrenda dirixida a concretar unha aspiración e actúa como receptáculo e testemuño das arelas e da historia dos visitantes no transcurso de décadas sucesivas.

 

Santiago realiza unha transferencia, tanto metafórica como física, destas dimensións internas, memorias e desexos, cara ao ámbito público e ao espazo común da sala expositiva. Para acadalo, retira a auga, encapsulando 150 litros en 10.000 viais de vidro e drenando o resto ao mar. Os viais, de 15 mililitros cada un, que conteñen auga estancada, posiblemente contaminada, preséntanse como dispositivos medicinais na sala. Convida aos visitantes a tomar unha unidade como xesto simbólico, cuestionando a noción de obxecto artístico, o papel da institución como “depósito” de capital intanxible e, á súa vez, sinalando un modo de autoría disonante, convertendo o vial nun signo de agradecemento e compensación pola visita.

 

En simultáneo, durante noites consecutivas, procede a retirar as moedas. Este acto de baleirar unha tonelada de moedas dunha institución pública e poñelas ao servizo da cidadanía desafía, de maneira subversiva, o sistema, cuestionando as súas normas e estruturas. Santiago reverte a situación propoñendo a transformación da suma deses desexos individuais nun posible recurso colectivo. Para iso, propón á cidadanía unha votación popular non vinculante que permita determinar o seu posterior destino.

 

Para Rubén Santiago, o desexo convértese nun acto revolucionario e disruptivo de intervención e pensamento. O proxecto destaca consideracións sobre o valor do cambio e o valor do uso, asociados co intercambio, a utilidade ou o beneficio dun ben (arte/auga/diñeiro), e cuestiona a desaparición do obxecto debido á dixitalización monetaria que restrinxe a autonomía persoal en favor do incremento da vixilancia e do control. Así mesmo, apela a outras inminencias de tipo ecolóxico e de supremacía social relacionadas coa politización dos recursos hídricos e a desprotección do seu valor esencial.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings