V Edición do Programa de Residencias Artísticas

Programa de Residencias Artísticas FMJJ / NORMAL

O Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ), en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e NORMAL, Espazo de Intervención Cultural, lanzan a V Edición do Programa de Residencias Artísticas, unha iniciativa destinada a apoiar a creación artística que, desde unha reflexión crítica, se aproxime ás dinámicas, memorias e resonancias do contexto máis próximo.

Este programa ten como obxectivo proporcionar aos artistas unha contorna propicia para a creación e investigación, fomentando o desenvolvemento dun marco conceptual que axude a interpretar problemáticas contemporáneas nas súas dimensións sociais, culturais e territoriais.

Esta edición abre a convocatoria a dúas residencias artísticas, dotadas con 6.000 euros cada unha, destinados a honorarios, gastos de produción e viaxe. Ademais, proporciónanse os seguintes recursos aos/ás artistas seleccionados/as:

  • Espazo de traballo individual no Espazo de Intervención Cultural Normal.
  • Aloxamento nunha residencia universitaria na Coruña.
  • Acompañamento curatorial durante o desenvolvemento do proxecto.
  • Presentación pública dos resultados ao finalizar a residencia.

As residencias terán unha duración mínima dun mes, con posibilidade dunha prórroga de ata tres meses. Os proxectos deberán realizarse durante o terceiro cuadrimestre do ano, entre setembro e decembro de 2025.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición estará aberto desde hoxe 17 de marzo ata o 14 de xuño de 2025. As solicitudes deben enviarse ao enderezo electrónico normal.comunicacion@udc.gal, anexando o formulario de inscrición e a documentación requirida (DNI, síntese do proxecto, CV e carta de intencións).

Máis información e bases

Resolución da convocatoria

A resolución da convocatoria publicarase a finais de xullo de 2025.

Valoración de propostas

As propostas serán avaliadas por un xurado composto por:

  • Ángel Calvo Ulloa, crítico de arte e comisario.
  • Susana González, comisaria e directora do Centro de Arte FMJJ/Colección de arte FMJJ.
  • Marta Mestre, comisaria do Museo de Arte Contemporánea MAC/CCB, Lisboa.
  • Yolanda Pérez Sánchez, responsable de Normal e adxunta de Cultura da UDC.

Criterios de selección

As propostas serán valoradas en función da súa orixinalidade e innovación, a coherencia cos obxectivos da convocatoria e a súa capacidade para xerar colaboracións multidisciplinares.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings