A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 125 entradas dobres de balde para o vindeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).
Data: Sábado 22 de marzo ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario.
SERGUÉI PROKÓFIEV
Concerto para violín nº 2 en sol menor, op. 63
ANTON BRUCKNER
Sinfonía nº 4 en mi bemol mayor
BOMSORI, piano
CARLO RIZZI, director
Prazo de solicitude
O formulario estará dispoñible dende o luns 10 de marzo ás 9.00h. até o martes 11 de marzo ás 23.55h.
Logo de recibir o número de solicitudes suficiente que permita a creación dunha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
Recollida
As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existir renuncias. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
As entradas na Coruña recolleranse os días 17 e 18 de marzo en quenda de mañá de 11:00h. a 14:00h. e en turno de tarde só o día 17 de marzo de 15:30 a 17:00; a recollida farase en NORMAL, Espacio de Intervención Cultural da UDC, no Campus de Riazor.
As entradas en Ferrol recolleranse os días 17 e 18 de marzo de 11:30h. a 14:00h. na oficina da Área de Cultura do Centro Cultural Universitario, no Campus de Esteiro.
Condicións
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar até dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario có correo electrónico con dominio UDC que se facilita ó alumnado.
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2024/2025; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

