A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 125 entradas dobres de balde para o vindeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).
Data: Sábado 22 de febreiro ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario.
GEORGE GERSHWIN
Concierto para piano en fa mayor
DMITRI SHOSTAKÓVICH
Sinfonía nº 12 en re menor, op. 112 «El año 1917»
YEOL EUM SON, piano
MANUEL HERNÁNDEZ-SILVA, director
Prazo de solicitude
O formulario estará dispoñible dende o luns 10 de febreiro ás 9.00h. até o martes 11 de febreiro ás 23.55h.
Logo de recibir o número de solicitudes suficiente que permita a creación dunha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
Recollida
As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existir renuncias. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
As entradas na Coruña recolleranse os días 17 e 18 de febreiro en quenda de mañá de 11:00h. a 14:00h. e de 15:30 a 17:30 en quenda de tarde en NORMAL Espazo de Intervención Cultural da UDC, no Campus de Riazor..
As entradas en Ferrol recolleranse os días 17 e 18 de febreiro de 11:30h. a 14:00h. na oficina da Área de Cultura do Centro Cultural Universitario, no Campus de Esteiro.
Condicións
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar até dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario có correo electrónico con dominio UDC que se facilita ó alumnado.
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2024/2025; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

