A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) do día 9 de maio de 2026.
Data: Sábado 9 de maio de 2026 ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo o formulario ao que se accede no botón inferior o mércores 29 de abril de 2026 dende as 12:00 ás 14:00 horas.
Unha vez cuberto o número de persoas necesarias para o reparto e para elaborar unha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
PROGRAMA:
WOLFGANG AMADEUS MOZART
e
ROBERT SCHUMANN
WOLFGANG AMADEUS MOZART
Sinfonía nº 36 en do mayor, K. 425, “Linz”
ROBERT SCHUMANN:
Sinfonía nº 4 en re menor, op. 120
KARL HEINZ STEFFENS, director
Recollida
As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días, lugares e horarios que se lles indiquen. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo informativo só no caso de existir renuncias nas adxudicacións iniciais. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
Condicións
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar ata dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario co correo electrónico con dominio UDC que se facilita ó alumnado.
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2025/2026; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

