A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) do día 7 de novembro de 2026.
Data: Sábado 7 de novembro de 2026 ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Prazo de solicitude: xoves 29 de outubro de 2026 das 15:00 ás 17:00 horas.
Para solicitar as invitacións haberá que cubrir o formulario que se atopa a continuación:
CALQUERA CONSULTA relacionada con esta repartición debe dirixirse aos enderezos electrónicos cultura.coruna@udc.gal ou cultura.ferrol@udc.gal, ou aos teléfonos:
881 014 502, 881 013 697 ou 881 014 511 (quenda de mañá) ou 881 014 518 (quenda de tarde)
Unha vez cuberto o número de persoas necesarias para o reparto e para elaborar unha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
PROGRAMA:
WOLFGANG AMADEUS MOZART
Sinfonía nº 39 en mi bemol mayor, K. 543
FRANZ JOSEPH HAYDN
Misa Nelson, Hob.XXII: 11, en re menor
Richard Egarr director
Elionor Martínez, soprano
Helena Ressurreição, mezzo
Vicent Romero, tenor
Sebastiá Peris, barítono
Coro da Sinfónica de Galicia
Javier Fajardo, director do coro
Recollida
As persoas que teñan dereito ás entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas e os días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existiren renuncias. As persoas que non reciban correo ningún é porque non teñen dereito a entrada.
Condicións
- Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar ata dúas localidades.
- A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
- Para a solicitude de entradas deberase acceder ao formulario co correo electrónico con dominio UDCque se lle facilita ao alumnado.
- Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2026/2027; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
- Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, para o cal terá que presentar o DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
- As persoas que non comuniquen nos enderezos cultura.coruna@udc.gal ou cultura.ferrol@udc.gal a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar en futuras repeticións desta iniciativa na presente temporada.

