Solicitude de entradas para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do 14 de febreiro de 2026

A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) do día 14 de febreiro de 2026.

Data: Sábado 14 de febreiro de 2026 ás 20:00 h

Lugar: Pazo da Ópera 

Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario desde o xoves 29 de xaneiro de 2026 ás 12:00 horas.

Unha vez cuberto o número de persoas necesarias para o reparto e para elaborar unha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.


EDWARD ELGAR

Concerto para violonchelo en mi menor, op. 45

SERGUÉI RACHMÁNINOV

Danzas sinfónicas, op. 45

MAXIMILIAN HORNUNG, violonchelo

CASE SCAGLIONE, 
director.

Recollida

As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días, lugares e horarios que se lles indiquen. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo informativo só no caso de existir renuncias nas adxudicacións iniciais. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.

Condicións

Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar ata dúas localidades.

A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.

Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario co correo electrónico con dominio UDC que se facilita ó alumnado.

Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2025/2026; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.

Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.

As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings