A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) do día 10 de xaneiro de 2026.
Data: Sábado 10 de xaneiro de 2026 ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario desde o luns 15 de decembro de 2025 ás 13:00 horas, até o martes 16 de decembro ás 14:00 horas:
PROGRAMA:
GIUSEPPE VERDI
e
PIOTR ILICH CHAIKOVSKI
GIUSEPPE VERDI: La forza del destino: obertura
PIOTR ILICH CHAIKOVSKI: Sinfonía nº 4 en la bemol maior, op. 36
Orquesta xove da OSG:
Álvaro Ferrer, clarinete
José Trigueros, director
Prazo de solicitude
Logo de recibir un número de solicitudes que permita a creación dunha listaxe de agarda, o formulario pechará automaticamente e non admitirá máis inscricións.
Recollida
As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días, lugares e horarios que se lles indiquen. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo informativo só no caso de existir renuncias nas adxudicacións iniciais. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
Condicións
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar até dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario co correo electrónico con dominio UDC que se facilita ó alumnado.
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2025/2026; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

