A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o vindeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).
Data: Sábado 1 de novembro ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario
FRANZ JOSEPH HAYDN
e
WOLFGANG AMADEUS MOZART
HAYDN: Sinfonía nº 44 en mi menor, «Trauer Symphonie»
MOZART: Requiem, K. 626 (vers. Robert Levin)
MAËLYS ROBINNE, soprano
CARLOS MENA, contratenor
RODRIGO CARRETO, tenor
FERRAN ALBRICH, barítono-bajo CORO DE LA OSG
JAVIER FAJARDO, director del coro ROBERTO GONZÁLEZ-MONJAS, director
Prazo de solicitude
O formulario estará dispoñible dende o venres 24 de outubro ás 16.00h. até o luns 27 de outubro ás 11:00h.
Logo de recibir un número de solicitudes que permita a creación dunha listaxe de agarda, o formulario pechará automaticamente e non admitirá máis inscricións.
Recollida
As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existir renuncias. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
As entradas na Coruña recolleranse os días 28 e 29 de outubro en quenda de mañá de 12:00h. a 14:00h. e en quenda de tarde de 16:00 a 18:00h. en NORMAL Espazo de Intervención Cultural da UDC, no Campus de Riazor.
As entradas en Ferrol recolleranse os días 29 e 31 de outubro de 11:30h. a 14:00h na conserxaría do edificio da Vicerreitoría, no Campus de Esteiro.
Condicións
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar até dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario co correo electrónico con dominio UDC que se facilita ó alumnado.
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2025/2026; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

