Realizaranse o sábado 14 de novembro e o venres 11 de decembro.
A inscrición é gratuíta, só cómpre cubrir o formulario habilitado para iso.
Sábado 14 de novembro de 2026
El Correo Gallego.

Nesta visita coñeceremos un espectacular edificio modernista de 1912, obra de Rodolfo Ucha, cunha historia intensa vinculada ao periódico El Correo Gallego, que se imprimía aquí. Ademais de examinar a fachada, teremos a oportunidade de visitar o interior, que mantén a estrutura orixinal. Arestora está baleiro, pero será a sede do futuro Museo do Modernismo de Ferrol.
Data: 14 de novembro de 2026
Inicio visita: 11:30 horas.
Punto de encontro: diante do edificio (rúa da Madalena 186)
Duración: 1 hora (aproximadamente)
Máximo: 20 persoas
Venres 11 de decembro de 2026
Arquivo Intermedio Militar do Noroeste

A visita guiada permitirá coñecer o funcionamento deste arquivo e os seus fondos documentais, vinculados ás unidades militares do noroeste de España, así como as tarefas relacionadas coa súa organización e conservación. O percorrido completarase cunha aproximación ao baluarte do Infante, parte da muralla de Ferrol construída no século XVIII, no que se atopa o arquivo.
Data: 11 de decembro de 2026
Saída: 11:30 horas.
Punto de encontro: diante da entrada do arquivo (Avda. do Rei s/n).
Duración: 1 hora e 15 minutos (aproximadamente)
Máximo: 20 persoas
A inscrición é de balde. Para participar haberá que cubrir o formulario que se indica en cada caso. O número de prazas é limitado. Escollerase as e os participantes por orde de inscrición. .
As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación. Aquelas que non reciban o dito correo quedarán incluídas nunha listaxe de reserva que se utilizará no caso de haber algunha renuncia.
Pódese obter máis información na oficina da Área de Cultura de Ferrol, no enderezo electrónico cultura.ferrol@udc.gal ou no teléfono 881 013 697.
