Realizaranse os sábados 14 de marzo, 11 de abril, 9 de maio e 13 de xuño. A inscrición é gratuíta, só cómpre cubrir o formulario habilitado para iso.
Sábado 14 de marzo de 2026
Casino Ferrolán: arquitectura e sociedade.
Trátase dunha institución histórica en Ferrol. A sede, deseñada por Rodolfo Ucha, é parte fundamental do patrimonio arquitectónico contemporáneo da cidade. Nesta visita, e por medio de anécdotas e curiosidades, coñeceremos as diferentes estancias do Casino, así como a historia que hai detrás de cada unha delas.
Data: 14 de marzo de 2026
Inicio visita: 11:30 horas.
Punto de encontro: entrada posterior, na rúa Dolores, dez minutos antes.
Duración: 1 hora e 15 minutos (aproximadamente)
Máximo: 25 persoas
Sábado 11 de abril de 2026
Concatedral de San Xiao: unha viaxe no tempo.
Historia, arquitectura, iconografías e lendas únense nesta viaxe no tempo que vai dende a primeira igrexa medieval, xa dedicada ao noso patrón, ata a actual igrexa do XVIII e a súa evolución posterior.
Coñeceremos a concatedral máis de cerca. Se o tempo o permite, subiremos a unha das torres.
Data: 11 de abril de 2026
Saída: 11:30 horas.
Punto de encontro: atrio da concatedral, dez minutos antes.
Duración: 1 hora e 15 minutos
Máximo: 20 persoas
Sábado 9 de maio de 2026
Campus de Ferrol: patrimonio vivo.
A súa orixe remóntase ao século XVIII, cando as instalacións albergaban o hospital máis antigo de Ferrol. Co paso do tempo, transformaríase no campus que é hoxe, con edificios históricos e modernos, ademais dun xardín botánico.
Data: 9 de maio de 2026
Saída: 11:30 horas.
Punto de encontro: praza fronte á fachada da Facultade de Humanidades e Documentación, dez minutos antes.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Máximo: 35 persoas
Sábado 13 de xuño de 2026
Ruta das fontes de Ferrol
Camiñada á procura das fontes máis importantes de Ferrol: dende as modernas e decorativas, como a do Cantón, ata a de Wallace ou outras máis antigas e funcionais que lle dan de beber á xente. Non quedes con sede, acompáñanos a descubrir estas fontes e a historia que abrolla de cada unha delas.
Data: 13 de xuño de 2025
Saída: 11:30 horas.
Punto de encontro: praza de Galicia, diante de Correos, dez minutos antes
Duración: 1 hora e 30 minutos
Máximo: 35 persoas.
A inscrición é de balde. Para participar haberá que encher os formularios que se indican en cada caso. O número de prazas é limitado. A selección farase por orde de inscrición.
As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación. Aquelas que non reciban o dito correo quedarán incluídas nunha listaxe de reserva que se utilizará no caso de haber algunha renuncia.
Pódese obter máis información na oficina da Área de Cultura de Ferrol, no enderezo electrónico cultura.ferrol@udc.gal ou no teléfono 881 013 697.

