Rutas culturais en Ferrol 2025

Rutas culturales Ferrol 2025

As rutas realizaranse os sábados 15 de marzo, 26 de abril, 10 de maio e 14 de xuño. A inscrición é gratuíta mediante formulario.

Sábado 15 de marzo de 2025

O comercio tradicional de Ferrol, pasado e presente

Neste percorrido polo barrio da Magdalena recordaremos moitos deses comercios que marcaron xeracións de ferrolás e ferroláns, algúns desaparecidos, pero outros aínda vivos e con boa saúde. O noso comercio local tamén é parte da nosa historia.

Data: 15 de marzo de 2025
Saída: 11:30 horas. Oficina de Correos da Praza de Galicia
Duración: 1 hora e 30 minutos (aproximadamente)

Prégase estar no punto de encontro 15 minutos antes da hora de saída.

Sábado 26 de abril de 2025

As vellas fábricas de Ferrol

Para esta visita centrámonos no barrio de Ferrol Vello, onde estiveron moitas desas fábricas que lle deron pulo á cidade entre os anos cincuenta e setenta. Historia recente que non se debería perder.

Data: 26 de abril de 2025
Saída: 11:30 horas. Oficina de Turismo do Porto de Ferrol 
Duración: 1 hora e 30 minutos (aproximadamente)

Prégase estar no punto de encontro 15 minutos antes da hora de saída.

Sábado 10 de maio de 2025

Historia dos nosos estaleiros

Unha visita á planta superior do Museo da Construción Naval que nos vai permitir achegarnos á historia dos estaleiros civís e militares da ría de Ferrol, para coñecer a súa historia e vinculación co desenvolvemento de Ferrol e a comarca a que pertence.

Data: 10 de maio de 2025
Saída: 11:30 horas. Entrada do Museo da Construción Naval
Duración: 1 hora e 30 minutos (aproximadamente)

Prégase estar no punto de encontro 15 minutos antes da hora de saída.

Sábado 14 de xuño de 2025

Segredos de San Felipe

Unha visita moi especial en que faremos un percorrido moi completo polo castelo, por toda a fortificación e as exposicións permanentes para desvelar a súa historia e os seus segredos. 

Data: 14 de xuño de 2025
Saída: 11:30 horas. Entrada do castelo de San Felipe
Duración: 1 hora e 30 minutos (aproximadamente)

Prégase estar no punto de encontro 15 minutos antes da hora de saída.

A inscrición é de balde, aínda que para participar haberá que encher, en cada caso, o formulario que se indica.O número de prazas é dun máximo de 25 persoas que se escollerán por orde de inscrición. 

As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación. As persoas inscritas que non reciban o dito correo quedarán nunha listaxe de reserva que se utilizará en caso de haber algunha renuncia.

Pode obterse máis información na oficina da Área de Cultura do Campus de Ferrol, no enderezo electrónico cultura.ferrol@udc.gal ou no teléfono 881 013 697.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings