☉Mércores 26 de novembro de 2025 | 19:30h | Entrada de balde
☉Sala de exposicións de NORMAL (A Coruña)
SINOPSE
PROXECTO MOIRA É un proxecto de investigación artística inspirado nas Moiras da mitoloxía grega. Esta creación traballa sobre o tempo, a vida, a morte e a manipulación. É un proceso de recollida de memorias e historias unido ao acto de coser e á composición sonora. Leva á escena a práctica da costura, un proceso meditativo e solitario, transformándoo nunha práctica artística e performativa. Parte do uso de obxectos habitualmente presentes nun obradoiro de costura para a materialización e transformación do espazo escénico, onde simultaneamente se está a crear unha composición sonora en tempo real a partir dos sons do propio espazo, dos movementos da performer e das máquinas.
Dirección artística, concepto e interpretación: Margarida Cabral. Composición e interpretación musical: Francisco Correia
@projecto.moira | Vídeo teaser

CRÉDITOS
Dirección artística, concepción e interpretación: Margarida Cabral
Composición e interpretación musical: Francisco Correia
Apoio á creación: Linha de Fuga – Residenciais |contra| o |tempo;
Circolando – Cooperativa Cultural CRL e O Lugar do Meio, Alfafar
Apoios: Sonoscopia; Gil MAC e Zhang Qinzhe
Clasificación: Teatro, Performance, Música, Instalación
Duración: 45 min
Idade recomendada: Maiores de 6 anos (M/6)
BIOGRAFÍAS
Margarida Cabral (n. 1981, Guimarães) é creadora, intérprete e figurinista. Licenciada en Escultura pola ARCA-EUAC (2007), entrou no contexto da produción e creación artística como membro do CITAC (2006–2019). Traballou como performer con diversos artistas, entre eles Wojtek Ziemilsky, Pedro Penim e Vânia Rovisco. Foi cofundadora e membro activo da DEMO (Dispositivo Experimental Multidisciplinar e Orgánico), onde desenvolveu traballo en artes performativas, produción, formación e dirección administrativa (2010–2021). Con DEMO participou en proxectos de escenografía, vestiarios e como actriz, destacando CÂMARA ESCURA (Projecto Buh!, CEC Guimarães 2012) e ARRAIAL (Circolando, 2012/2013). En 2022 foi intérprete en MAPPA MUTANDI (Tarrafo, Coimbra), iniciou a investigación de MOIRA no LAB Linha de Fuga e co-creou MIRACULUM con Gil MAC (Astronauta, Guimarães). En 2023 participou nos espectáculos Pulsam os Papiros e Aqui já se cantou de galo (Tarrafo) e continuou a desenvolver o proxecto MOIRA, con residencias e presentacións no WATTS – ciclo sonoro (Porto), Linha de Fuga (Coimbra) e O Lugar do Meio (Alfafar). En 2024 traballou coas asociacións culturais Lúcia Lima e Tarrafo en proxectos ligados á poesía, e seguiu a presentar MOIRA, a soas ou acompañada polo músico Francisco Correia. Privilexia o traballo colectivo como forma de aprendizaxe e crecemento, e a finais de 2023 fundou, xunto con Gil MAC, a PHANTASMA – Asociación Cultural (Vila do Conde).
Francisco Correia (n. 1972, Coimbra) é músico, compositor, sonoplasta e performer. Comezou a súa traxectoria nos anos 90 en bandas de garagem e, en 1999, integrouse en Wraygunn, banda de Paulo Furtado, coa que gravou tres discos e participou na escrita de letras e cancións. Desde 2014 desenvolve o proxecto a solo BØDE, centrado en linguaxes cinematográficas e experimentais, do que publicou o álbum O Altar das Almas (2016). Colaborou co Teatro do Morcego e con diversos colectivos e compañías, destacando o seu traballo en Derivas: Coimbra, Espírito do Lugar 3.0 (Circolando/CRL, 2017), Os Sapatos (CITAC, 2017) e Aura-Masda (TEUC, 2021). Entre 2018 e 2022 formou parte da DEMO – Dispositivo Experimental Multidisciplinar e Orgánico, onde asumiu a composición e sonoplastia en varios espectáculos, como Mitos, A Mão, o Animal e o Mistério e Meia Praia Mar. Traballou tamén con Carlota Lagido, Margarida Cabral e Gil MAC en proxectos como Deu La Deu, Cinco Suicídios, Miraculum e Silvestre. Participa como creador e músico en MOIRA (con Margarida Cabral), presentado no festival Watts 2023, e realizou a creación musical de SUPER! (Miguel Pereira, 2024) e Os Meus Totens (Elizabete Francisca, 2024).
O seu traballo distinguese pola precisión e detalle na construción do espazo sonoro. É fundador de O Lugar do Meio – Asociación Cultural e Ambiental e artista asociado de Phantasma – Asociación Cultural.

