Programa de actividades complementarias á exposición «Onde habitan as mouras. Cartografías de nós»

Cinco encontros arredor da arte, a memoria das mulleres e a defensa dos territorios.

NORMAL programa cinco actividades complementarias á exposición de Viki Rivadulla entre novembro de 2026 e xaneiro de 2027. Visitas comentadas, palestras, poesía e unha camiñada participativa amplían o diálogo co universo ecofeminista da artista. 

A exposición «Onde habitan as mouras. Cartografías de nós», de Viki Rivadulla, continúa máis alá das obras cun programa de actividades que convida a explorar as súas propostas desde diferentes linguaxes e perspectivas. Entre o 17 de novembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027, NORMAL acollerá cinco encontros en que a arte, a poesía, a historia e o pensamento crítico se entrelazan para abrir novos espazos de reflexión e participación. 

A través das distintas propostas, reivindícanse as rebeldías e as resistencias das mulleres que, ao longo do tempo e tamén na actualidade, defenden a vida, a auga, os corpos e os territorios fronte ao extractivismo, o colonialismo, o xenocidio e a ecoloxía da guerra. 

O programa comeza o 17 de novembro cunha visita comentada á exposición da man da propia artista, Viki Rivadulla, que permitirá coñecer as claves do seu traballo e o universo simbólico que constrúe. Ao día seguinte, o 18 de novembro, Encarna Otero achegaranos á memoria das Encrobas, un episodio fundamental da resistencia galega e da loita pola defensa da terra. A palestra, presentada por Inma Doval, porá o foco no protagonismo das mulleres e na súa afouteza na defensa do territorio. 

A palabra poética ocupará o espazo o 20 de novembro, coa Plaquette. Poemas en diálogo con «Onde habitan as mouras. Cartografías de nós», un recital e a presentación dunha edición limitada que reúne poemas de autoras galegas creados en diálogo co universo plástico. Coordinada por Inma Doval e con deseño gráfico de Ana Alonso, a publicación reúne as voces de Viki Rivadulla, Inma Doval, Emma Pedreira, Ana Pillado, Teresa Ramiro, Laura Rey Pasandín e Iolanda Aldrei. 

O 21 de novembro, a memoria trasladarase ás rúas da Coruña cunha camiñada participativa arredor de «O oficio de lavar». Da man de Carmela Galego e Patricia Angulo, a ruta cultural percorrerá fontes e lavadoiros da cidade para recuperar a memoria das augadoras e lavandeiras, mulleres cuxos traballos e saberes formaron parte esencial da vida comunitaria e da historia urbana. A proposta conta coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. 

O programa pecharase o 7 de xaneiro de 2027 coa palestra «A cuestión do ecocidio en Gaza: dereito internacional e perspectivas ecofeministas», a cargo de Sonia Boulos, profesora de Dereito Internacional dos Dereitos Humanos. A sesión analizará a destrución ambiental en Gaza desde outubro de 2023 á luz do dereito internacional vixente e das propostas para recoñecer o ecocidio como delito específico, incorporando unha perspectiva ecofeminista que atende especialmente ao impacto na reprodución social, no traballo e os coidados e nas condicións materiais de existencia da poboación afectada. 

Con este programa, NORMAL amplía o espazo de encontro que propón a exposición de Viki Rivadulla e convida a percorrer distintas cartografías da memoria, da resistencia e da creación colectiva. Cinco actividades para escoitar outras voces, recuperar historias e pensar, desde a cultura, os vínculos que nos unen á terra e á vida. 

Coordinación das actividades: Mar Rodríguez Romero

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

Martes, 17 de novembro, ás 18:00 h  
Sala expositiva de NORMAL

Visita guiada á exposición con Viki Rivadulla 

Colabora: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Mércores, 18 de novembro, ás 19:00 h 
Sala Cubo de NORMAL 

As Encrobas: a resistencia galega. Mulleres ousadas. 

Palestra de Encarna Otero, presentada por Inma Doval  

ENTRADA LIBRE

Venres, 20 de novembro, ás 19:30 h 
Sala expositiva de NORMAL 

Plaquette poemas en diálogo con «Onde habitan as mouras. Cartografías de nós». 

Coas voces de Viki Rivadulla, Inma Doval, Emma Pedreira, Ana Pillado, Teresa Ramiro, Laura Rey Pasandín e Iolanda Aldrei.

ENTRADA LIBRE


Sábado, 21 de novembro, ás 11:30 h 
Punto de saída: CEIP Eusebio da Guarda. 

O oficio de lavar. 

Camiñada participativa con Carmela Galego e Patricia Angulo.
Colabora: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Xoves, 7 de xaneiro, ás 18:00 h 
Sala Cubo de NORMAL. 

A cuestión do ecocidio en Gaza: dereito internacional e perspectivas ecofeministas.

Palestra de Sonia Boulos.

ENTRADA LIBRE
fotografías: @bynfotografíacorporativa

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings