Participantes seleccionados na IV Edición do Programa de Residencias Artísticas Fundación María José Jove

CONVOCADA EN COLABORACIÓN CON NORMAL. ESPAZO DE INTERVENCIÓN CULTURAL DA UDC E CO APOIO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. CADA BOLSA ESTÁ DOTADA CON DÚAS RESIDENCIAS E 6000 €

Blanca Gracia (Madrid, 1989) e Fermín Jiménez (Pamplona, 1979) resultaron gañadores da IV Edición do Programa de Residencias Artísticas Fundación María José Jove, en colaboración coa Universidade da Coruña, a través de NORMAL. Espazo de Intervención Cultural da UDC. O xurado valorou a “adecuación ao propósito da convocatoria e a calidade das propostas, así como as relacións co contexto formuladas desde a fidelidade ás súas respectivas linguaxes artísticas”.

  • Blanca Gracia presentou Yegua Nocturna, tradución literal da palabra inglesa nightmare (‘pesadelo’), en que fusiona animación experimental e exploracións sonoras en colaboración coa cantante Faia Díaz. E preséntase como unha viaxe desde a lóxica cotiá cara ao onírico e o simbólico, reflexionando sobre a dualidade entre o racional e o irracional. O obxectivo central é investigar o papel histórico e contemporáneo da maternidade a través das nanas e romances tradicionais galegos. Faia Díaz achegará a súa voz, vinculada ao folclore galego, mentres que Blanca Gracia propón unha aproximación visual aos arquetipos do conto e a súa relevancia no contexto sociopolítico actual.
  • Fermín Jiménez, pola súa banda, presentou o proxecto Arder a auga  que continúa a proposta iniciada por Hay mares en las montañas, investigando as diversas formas e relacións entre xeoloxía, tempo e a distribución de mares e montañas. Establece un vínculo entre arte e ciencia ao traballar con prototipos de cementos elaborados a partir de cunchas de moluscos e fósiles mariños, cun enfoque particular en Galicia por mor da relevancia da súa industria conserveira. En colaboración con Belén González Fonteboa, catedrática da Facultade de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da UDC, establécese un achegamento aos estudos avanzados sobre estes cementos.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings