Os artistas Raphael Escobar e Ibon Aranberri gañadores da V edición do Programa de Residencias Artísticas que o Centro de Arte FMJJ convoca en colaboración coa UDC e NORMAL

O Centro de Arte Fundación María José Jove en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e NORMAL, Espazo de Intervención Cultural, deron hoxe a coñecer os artistas gañadores da V Edición del Programa de Residencias Artísticas. Esta iniciativa está destinada a apoiar a creación artística que, desde unha reflexión crítica, se aproxime ás dinámicas, memorias e resonancias do contexto máis próximo.

O Programa de Residencias Artísticas ten como obxectivo proporcionarlles aos un contorno propicio para a creación e investigación, fomentando o desenvolvemento dun marco conceptual que axude a interpretar problemáticas contemporáneas nas súas dimensións sociais, culturais e territoriais.

Nesta ocasión os artistas seleccionados foron o artista brasileiro Raphael Escobar (São Paulo, 1987)e o artista vasco Ibon Aranberri (Itziar-Deba, 1969). Ambos recibirán o apoio de dúas residencias artísticas, dotadas con 6.000 euros cada unha destinadas a honorarios, gastos de produción e viaxe.  

Ademais, contarán cun espazo de traballo individual no Espazo de Intervención Cultural Normal durante o terceiro cuadrimestre do ano, entre setembro e decembro de 2025. Ao longo do desenvolvemento do proxecto contarán con acompañamento curatorial constante e ao final da residencia levarán a cabo unha presentación pública dos resultados. 

Sobre Raphael Escobar (São Paulo, 1987) e o seu proxecto “Rebilião Groove”

Raphael Escobar
Raphael Escobar

Raphael Escobar é un artista visual, educador e activista brasileiro cuxa obra cruza arte, política e territorio urbano. Licenciado en Artes Visuais e posgraduado en Estudos Brasileiros, traballa desde 2008 en educación non formal con poboacións en situación de vulnerabilidade, como usuarios de drogas, persoas sen fogar e mozos e mozas en centros de detención. A súa práctica combina accións colectivas, economía solidaria, intervencións na rúa e o uso crítico de substancias psicoactivas, alén de integrar a música como ferramenta de creación e resistencia comunitaria. Desenvolveu proxectos sonoros como O som da maloka, o podcast Voz Ativa e participou en emisións en Resonance FM (Londres) e Kunstradio (Viena). A súa obra exhibiuse en institucións como o MAM São Paulo, MAR Río de Janeiro, SESC 24 de Maio e a Pinacoteca de São Paulo. Foi designado ao Premio PIPA en 2020 e 2022.

“Rebilião Groove”

O importante labor que o artista Raphael Escobar leva realizando nos últimos quince anos dentro do contexto urbano da cidade de São Paulo, avogando polo coñecemento detallado das periferias e polo seu interese, non só en reflectilas, senón por envolverse facendo delas o seu espazo de desenvolvemento persoal e profesional, é o punto de partida de “Rebilião Groove”. 

A medio camiño entre a música e a protesta, Escobar propón analizar as formas musicais das marxes rurais e urbanas que aínda persisten en Galicia. 

Músicas amalgamadas, bastardas, que renegan da pureza como o fan as músicas periféricas con que Escobar traballa no Brasil, e que se converteron en catalizadoras que promoven redes de afecto nun escenario de reivindicación para colectividades.

Sobre Ibon Aranberri (Itziar-Deba, 1969) e o seu proxecto “A trama rururbana” 

Ibon Aranberri
Ibon Aranberri

Ibon Aranberri é un dos artistas vascos máis recoñecidos da súa xeración. O seu traballo investiga as relacións entre arquitectura, territorio e ideoloxía, a través de medios como a escultura, a instalación, a fotografía e o arquivo. Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, desenvolveu residencias en centros internacionais como P.S.1 (MoMA, Nova York), CCA Kitakyūshū (Xapón) e a Casa de Velázquez (Madrid). A súa obra foi presentada en institucións como a Documenta 12 (Kassel), Kunsthalle Basel, Museo Reina Sofía, MACBA, Artium e o Museo Guggenheim Bilbao. Recibiu premios como o Altadis de Artes Plásticas, o “Gure Artea” do Goberno Vasco e o Premio Fundación MACBA 2024.

“A trama rururbana”

Inmerso historicamente nun estudo non regrado do territorio, Ibon Aranberri (Eibar, Gipuzkoa, 1969) foi convidado en 2007 a participar do proxecto “A trama rururbana”, unha investigación coral sobre a paisaxe en Galicia, dirixida polo comisario Pablo Fanego e a artista Carme Nogueira que pretendía abordar cuestións como a improvisación urbanística, o desenvolvemento dun modelo de economía terciaria, a marxinación histórica de Galicia, a relación coa mobilidade dos habitantes, emigración/inmigración dentro e fóra do territorio. A cancelación do proxecto en 2009 puxo o ramo ao traballo realizado por Aranberri, que agora propón retomalo, priorizando examinar os arquivos xerados naquel proceso, avaliando a vixencia epistemolóxica da formulación inicial nas condicións culturais, políticas e económicas actuais.

Xurado

As propostas foron avaliadas por un xurado composto por Ángel Calvo Ulloa, crítico de arte e comisario, Susana González, comisaria e directora do Centro de Arte FMJJ/Colección de Arte FMJJ e Marta Mestre, comisaria do Museo de Arte Contemporánea MAC/CCB, Lisboa.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings