Obradoiro de 30 horas
Dirixido a calquera persoa con inquedanza por afondar os seus coñecementos en linguaxe visual e en levalos á práctica a través do desenvolvemento dunha visión propia.
Pasaremos polas distintas fases de creación dun proxecto fotográfico: documentación, busca de referencias, toma de fotografías, edición e post-producción e resultado final en forma de maqueta de fotolibro.
✴︎ Docente

Bandia Ribeira
O meu nome é Bandia Ribeira, son unha fotógrafa de As Pontes, A Coruña. En 2015 gradueime en Fotografía Documental na Universidade do Sur de Gales, Reino Unido. Posteriormente iniciei o proxecto “Ni un hogar sin lumbre, ni una familia sin pan” (2023) na provincia de Almería, onde estiven traballando desde o ano 2016. Este proxecto preséntase este outono no festival de fotografía Bristol Photo Fest. O ano 2022-23 fun bolseira Fulbright- Xunta de Galicia, realizando unha estancia de investigación e produción artística en Estados Unidos de un ano de duración. Durante ese ano traballei como bolseira no Departamento de Arquivo e Produción da axencia de fotógrafos Magnum Photos en Nova York. Accedín como investigadora á colección fotográfica da Farm Security Administration na Biblioteca do Congreso e levei a cabo un proxecto propio no que estiven fotografando durante catro meses no Val Central de California.
