Obradoiro de 30 horas
Este é un taller para que a fotografía sexa algo fácil e unha ferramenta de expresión persoal. Unha extensión da nosa linguaxe para comunicar ao mundo. Aprenderemos a diferenza entre facer fotos aleatorias e narrar a nosa historia a través dun diario visual. Traballaremos na fotografía cotiá e complementarémola con escritura e outras técnicas artísticas. Exploraremos temas como a documentación fotográfica, a fotografía cotiá e o álbum de recordos, o autorretrato, a escritura como complemento da imaxe e a importancia de contar a nosa propia historia a través de imaxes.
✴︎ Docente

Tamara Castrillejo Gutiérrez
Fotógrafa, diarista, amante do collage, antiga photoshopera e moi analogadicta. Artista visual en continuo movemento. Formada en fotografía en recoñecidas escolas de Mallorca, Barcelona e Madrid, cidades nas que tamén participou en diferentes exposicións, obradoiros, conferencias e monográficos sobre fotografía e arte. Entende a fotografía como algo máis que imaxes bonitas: a fotografía é arte e o arte é terapia. Así, cre firmemente no seu poder san e ve neste medio de expresión unha forma de transformar vidas. No seu traballo máis persoal como fotógrafa e artista visual, trata de experimentar coas diferentes técnicas fotográficas e outras disciplinas artísticas. Cunha maneira emocional e moi íntima pretende mostrar o mundo coa súa mirada. Sempre xogando e experimentando cos diferentes materiais e formatos: diarios, fotografía analóxica, escritura, collages e invencións dixitais. Creacións nacidas das emocións e das preocupacións dunha muller en constante proceso de reconstrución e resiliencia.
