Obradoiro de 30 horas
Obradoiro baseado na organicidade do corpo, partindo da relaxación e a mobilidade. Desenvolver pautas de movemento para desbloquear distintas calidades corporais. Facilitaranse dinámicas de improvisación grupais coa fin de adquirir consciencia do entorno que nos rodea, doutros corpos e os seus límites.
O obradoiro contémplase como unha práctica artística que navega entre disciplinas, que aposta pola experimentación para a creación, nutríndose de diversas técnicas de interpretación e de movemento (danzas urbanas, danza contemporánea, teatro, etc.)
✴︎ Docente

Alicia López Méndez
Alicia López Méndez (1998) é unha bailarina, intérprete e creadora visual afincada en Santiago de Compostela. Graduada en Belas Artes pola UCM (Madrid, 2023). Actualmente forma parte do elenco de “Dique” (Galicia, 2024), unha coprodución de Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego e baixo a dirección escénica de Marta Pazos. Á súa vez, é beneficiaria dunha residencia artística no marco do programa de Cruceiros Paraíso 2024 (Colectivo RPM), que terá lugar en novembro en Dantzagunea (Errentería, Guipúzcoa).
