OASIS OF SERENITY, de Laura Ramírez Asbaugh

☉Xoves 27 de novembro de 2025 | 19:30h | Entrada de balde
☉Sala de exposicións de NORMAL (A Coruña)

SINOPSE

Oasis of Serenity é unha colisión de visións místicas e cinematográficas onde o corpo, atravesado por correntes químicas e anatómicas, existe nun estado de crise constante. Abarrotado pola imaxinería do mundo exterior, este corpo non é fixo: latex, disólvese e reconfigúrase, pulsando ao ritmo das emocións e das substancias que o percorren. Non hai unha historia que contar, só sensacións; un cinema caótico despregase na pupila, mentres o mundo atravesa o corpo en tempo real, desbordando toda comprensión. Este limiar —místico e físico— é á vez práctica, éxtase e transformación. Oasis of Serenity non procura un peche, senón unha apertura cara ao descoñecido, sempre ao bordo da chegada.

The world is a little blurry
or maybe it’s my eyes.
I can’t see you anymore.
Bury all my things. I am on the edge of a nightmare.
I get stuck here, forever.
My body.
My body.

Vídeo teaser 

CRÉDITOS

Concepto, coreografía e intérprete: Laura Ramirez Ashbaugh
Mentoría e dramaturxia: Bryana Fritz
Son: Fernanda Libman
Deseño de luces: George Marinov
Espazo escénico: Javi Cruz
Vestiario: Evdehouse
Ollo externo: Amparo Gonzalez Sola, Leandro Souza y Fernanda Libman
Esculturas: Marina Glez Guerreiro
Co apoio de: DAS Choreography master (Amsterdam), Centro Cultural Conde Duque (Madrid), P.A.R.T.S summer residencies (Bruselas), Ayudas a la creación contemporánea (Madrid), , La Poderosa + Fabra I Coats (Barcelona), Festival Sàlmon (Barcelona), Mutis Espazioa (Bilbao) y IVAM museum+ciclo radicantes (Valencia).

LAURA RAMÍREZ ASBAUGH 

(Madrid, 1988) é coreógrafa, bailarina, docente e DJ, con base en Madrid e Ámsterdam, e raíces en Ecuador, Norteamérica e España. Recentemente graduouse no máster DAS Choreography en Ámsterdam e formouse en institucións como Martha Graham School, SNDO ou PAF. A súa práctica despregase na intersección entre o horror, a experiencia hormonal e o son, investigando como a percepción se altera —e se distorsiona— por forzas internas (como as hormonas) e externas. A través da coreografía, explora estados inestables do ser, creando obras que non están pensadas para seren arquivadas, senón para seren habitadas, vibradas e metabolizadas. Ten performado en espazos como Mercat de les Flors, Tanzquartier, CPR, Replika Teatro, La Casa Encendida, Museo del Chopo ou CA2M, entre outros; e desde 2019 o seu traballo transita entre o teatro e o museo (Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, IVAM e Centro Botín).

lauraramirezashbaugh.com

@lourettta 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings