☉Venres 28 de novembro de 2025 | 12:00h – 14:00h
☉Aula de Danza de NORMAL (A Coruña)
Podes formalizar a inscrición, de balde, enchendo este formulario
OASIS OF SERENITY BODIES
Este laboratorio propón unha inmersión no cruzamento entre o místico e o corporal, entre a quietude, o movemento e a percepción expandida. O corpo preséntase como un territorio cambiante, un espazo onde converxen imaxes e emocións. Durante dúas horas transitaranse prácticas que buscan abrir estados de presenza, crise e transformación. Unha experiencia para habitar o corpo como lugar de tránsito entre o visible e o invisible.

Laura Ramírez Ashbaugh
(Madrid, 1988) é coreógrafa, bailarina, docente e DJ, con base en Madrid e Ámsterdam, e raíces en Ecuador, Norteamérica e España. Recentemente graduouse no máster DAS Choreography en Ámsterdam e formouse en institucións como Martha Graham School, SNDO ou PAF. A súa práctica despregase na intersección entre o horror, a experiencia hormonal e o son, investigando como a percepción se altera —e se distorsiona— por forzas internas (como as hormonas) e externas. A través da coreografía, explora estados inestables do ser, creando obras que non están pensadas para seren arquivadas, senón para seren habitadas, vibradas e metabolizadas. Ten performado en espazos como Mercat de les Flors, Tanzquartier, CPR, Replika Teatro, La Casa Encendida, Museo del Chopo ou CA2M, entre outros; e desde 2019 o seu traballo transita entre o teatro e o museo (Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, IVAM e Centro Botín).

