José Suárez – Día das Artes Galegas 2026

Con motivo do Día das Artes Galegas, NORMAL acollerá unha charla de Mercedes Rozas sobre o fotógrafo José Suárez

Estética e compromiso na fotografía de José Suárez é o título da charla que impartirá Mercedes Rozas o martes 8 de abril ás 17:00 horas na Aula 1 da Universidade Senior.

Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Arte Moderna e Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte dos Padroados do Museo do Pobo Galego e a Fundación Otero Pedrayo.

Desde a década dos 80 desenvolveu o seu traballo como crítica de arte con conferencias e artigos para xornais como El Ideal Galego, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Nós Diario, así como colaboracións para revistas especializadas e institucións públicas e privadas.

Foi coordinadora xeral de exposicións do Xacobeo desde mediados dos anos noventa ata o 2004. Ten traballado habitualmente en distintos proxectos con institucións como O Consorcio de Santiago, Afundación, Xunta de Galicia, Universidade de Santiago, Museo Barjola e o Instituto Cervantes.

No traballo de comisaria ten proxectado mostras colectivas como Diálogos co silencio no marco da Capitalidade Cultural de Santiago do ano 2000, Hipervínculos, A arte da semellanza, Camiño de Volta, A paisaxe e a súa pegada, Figurando lembranzas, Dobre Quadratura ou Libros Conversos. No comisariado de artistas individuais están, entre outras, as exposicións dedicadas a Eugenio Granell, Francesc Torres, Quintana Martelo, Luis Gabú, Aurichu Pereira, Julia Ares ou Diego Vidal. Especialízándose máis en concreto na obra de Carlos Maside, Xosé Luis de Dios e Leopoldo Nóvoa.

En relación a obra de José Suárez ten escrito varios artigos para xornais, en concreto para La Voz de Galicia e Nós Diario, e participado no especial do 2025 que a Revista Raigame dedicou ao fotógrafo alaricano.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings