Inauguración de SOBRE TODO

Sobre todo, Enar de Dios Rodríguez

O xoves 10 de abril ás 19.30 h na sala de exposicións de NORMAL, terá lugar a inauguración da exposición SOBRE TODO, de Enar de Dios Rodríguez.

SOBRE TODO é un proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre como este lugar está en proceso de converterse en territorio, e como este acto de territorialización pode ilustrar problemáticas actuais relacionadas co Capitaloceno e as súas catástrofes ancestrais (aquelas que son simultaneamente pasado e presente). Partindo dun longo proceso de investigación sobre o lugar que se expande literalmente sobre todo, SOBRE TODO fala dunha gran variedade de temas urxentes como a continua extinción de determinadas especies voadoras, as violentas tecnoloxías de control a distancia, a lexislación do espazo ultraterrestre, o extractivismo que está por chegar, así como a constitución intrinsecamente colaborativa do aire, ou a capacidade política do pulmón na súa loita por respirar.

Do mesmo xeito que en traballos anteriores da artista, SOBRE TODO céntrase nun espazo “en construción”: un lugar con fronteiras indefinidas, aínda non cartografado, cunha lexislación case inexistente, e que, a pesar diso, está a ser ocupado e explotado. O resultado deste interese e esta investigación materialízase nun ensaio audiovisual acompañado dunha serie de pezas producidas especificamente para Normal que a artista creou durante a súa residencia na institución. Todo iso presentado nunha instalación que ofusca o eixo vertical, pregúntase onde está o horizonte e convida a repensar este soporte que nos suxeita á vida aínda a estares por enriba de todo.

A exposición poderá visitarse entre o 10 de abril e o 10 de xullo de 2025, na Sala de Exposicións de NORMAL, en horario de 9 a 21 h.

nara is neus

Na inauguración, nara is neus ofrecerá unha intervención sonora.

nara is neus — Neus Abellan (ela/ele) — é física, música e produtora de música ambient e bandas sonoras de Barcelona. No seu traballo combina elementos de diversos subxéneros para compoñer música cun distintivo son cativador. A súa obra distínguese por unha métrica complexa, melodías envolventes, e paisaxes sonoras absorbentes que transportan xs oíntes a diferentes reinos e texturas ambientais, suscitando con elas e eles unha ampla gama de afectos. As súas cancións teñen un vínculo especial con reflexións existenciais capaces de evocaren unha gran carga emocional.

As súas liñas de investigación recentes van dende a exploración dos límites entre o mundo orgánico e o dixital, ata reinterpretacións de pezas clásicas, deseño de son para videoinstalacións, bandas sonoras e cancións autoxenerativas, sen deixar de experimentar con novas metodoloxías e sons que parten dunha gran variedade de influencias musicais.

nara is neus tamén traballa como xefa de contidos en dublab.cat.

Nara is neus

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings