Un ano máis, a cidade da Coruña convértese no epicentro do teatro universitario coa celebración do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC), que neste 2025 alcanza a súa 30ª edición.
Do 9 de abril ao 14 de maio
Desde o 9 de abril ata o 14 de maio, os escenarios do Teatro Rosalía, o Centro Ágora e o Fórum Metropolitano acollerán unha programación diversa onde se darán cita compañías universitarias de teatro e danza.
As funcións terán lugar ás 20:00 h e 20:30 h, agás a representación do 22 de abril no Fórum Metropolitano, que será ás 18:00 h.
A entrada será gratuíta ata completar aforo, polo que se recomenda chegar con antelación para garantir o acceso.
Mércores 9 de abril
Ágora (20:30h)
Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Posta en escena: Roberto Salgueiro.
Duración: 45 minutos.
Martes 22 de abril
Fórum Metropolitano (18:00 h)
Voilà
Aula Universitaria de Lugo (USC).
Dirección: An González.
Duración: 60 minutos.
Martes 22 de abril
Teatro Rosalía (20:30 h)
Cartografar sen norte
Aula de Teatro da Universidade da Coruña (UDC).
Dirección: Sara Rey.
Duración: 45 minutos.
Venres 25 de abril
Ágora (20:00h)
Hyphē
Aula de Danza da UDC.
Mediador: Javier Martín.
Duración: 22 minutos.
REDes
Compañía de Danza da USC.
Dirección: Juan Carlos Zahera.
Duración: 17 minutos
Máis tarde, que cedo
Aula de Danza da Universidade de Vigo (Campus de Ourense)
Creación colectiva
Duración: 15 minutos
Mércores 14 de maio
Teatro Rosalía (20:30h)
Ludovico 2.5
Aula Universitaria de Ourense (Grupo Maricastaña 2025 – Universidade de Vigo).
Dirección: Fernando Dacosta.
Duración: 60 minutos.

