A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 125 entradas dobres de balde para o vindeiro concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).
Data: Sábado 24 de maio ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera.
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario.
FRANZ JOSEPH HAYDN
Sinfonía nº 44 en mi menor, “Trauer Symphonie”
LUIGI CHERUBINI
Réquiem en do CORO DE LA OSG
JAVIER FAJARDO, director del coro
CARLOS MENA, director
Prazo de solicitude
O formulario estará dispoñible dende o luns 12 de maio ás 9.00h. até o martes 13 de maio ás 23.55h.
Logo de recibir o número de solicitudes suficiente que permita a creación dunha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
Recollida
As persoas que teñan dereito as entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existir renuncias. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
As entradas na Coruña recolleranse os días 19 e 20 de maio de 11:00h. a 14:00h. en NORMAL Espazo de Intervención Cultural da UDC, no Campus de Riazor.
As entradas en Ferrol recolleranse os días 20 e 21 de maio de 11:30h. a 14:00h. na oficina da Área de Cultura do Centro Cultural Universitario, no Campus de Esteiro.
Condicións
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar ata dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
Para a solicitude de entradas deberá acceder ó formulario co correo electrónico con dominio UDC que se facilita ao alumnado.
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2024/2025; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.

