A Universidade da Coruña (UDC) lanza convocatorias para impartir obradoiros en NORMAL-Espazo de Intervención Cultural (Campus de Riazor) e no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro (Ferrol).

As convocatorias inclúen obradoiros cuadrimestrais de fotografía, música, escrita, danza, teatro e guión, entre outras disciplinas. Tamén se inclúen obradoiros sobre temas de proposta libre, cunha duración de entre 5 e 15 horas, ofrecendo un espazo para a diversidade creativa.
Estas convocatorias, aprobadas pola Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte, buscan fomentar a formación e a expresión artística, tanto dentro como fóra da comunidade universitaria, durante o curso académico 2024/2025.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á data de publicación das convocatorias na Sede Electrónica da UDC e rematará ás 14:00 horas do 9 de setembro de 2024.
Bases das convocatorias
Podes consultar as bases das convocatorias aquí:
- Obradoiros culturais en diversas disciplinas creativas.
- Actividade musical colectiva: contratación para impartir dous obradoiros e dirixir un proxecto para a Aula de Música da UDC.
- Danza contemporánea: contratación para impartir dous obradoiros e dirixir un proxecto para a Aula de Danza da UDC.
- Teatro: contratación para impartir dous obradoiros de teatro e dirixir un proxecto para a Aula de Teatro da UDC.
Máis información
Para calquera información adicional pódese escribir un correo electrónico a: normal@udc.gal co asunto “Convocatorias 2024”

